Promocións de clubs deportivos no centro

REMO TUI

REMO TUI

O mércores 11 de outubro de 2023. Visitaron as nosas instalacións 2 monitores do club Remo Tui. Trouxeron 1 embarcación de remo e 2 remo ergómetros; nos cales o alumnado puido probar as súas forzas.

Moitas grazas a Diego e o Remo Tui por contarnos cousiñas tan interesantes sobre esta modalidade.

BALONCESTO 2023

BALONCESTO 2023

O venres 22 de setembro viñeron a nosa escola 2 monitores de club Baloncesto Tui. Fixeron xogos coa totalidade do alumnado de educación primaria.

 

Graciñas Basket Tui.

STUDIO 57 ESCUELA DE BAILE

STUDIO 57 ESCUELA DE BAILE

O 21 de setembro viñeron a nosa escola 2 monitoras de baile da Academia Studio 57 de O Porriño. Fixeron bailar a totalidade do alumnado do colexio de infantil e primaria.

Os nen@s coñeceron estilos como fusión, danza, zumba, etc.

 Moitas grazas a Studio 57.

FÚTBOL SALA 2023

FÚTBOL SALA 2023

O 9 de outubro o Tui F.Sala viu a nosa escola a promocionar o seu deporte e ensinarnos un pouco a súa modalidade deportiva. Fixeron moitos xogos divertidos onde o alumnado coñeceu un pouco máis o fútbol sala dun xeito diferente.

Graciñas F.Sala Tui.

BALONMÁN 2023

BALONMÁN 2023

O venres día 29 de Setembro, visitou a nosa escola o Club Balonmán Tui; explicaron ao noso alumnado de educación primaria a organización do seu club e fixeron unha clase de iniciación co alumnado dos cursos de 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de ed. primaria.

O pasaron xenial e coñeceron un pouco máis deste deporte.

Moitas grazas ao BMTUI.

KAYAK TUDENSE 2023

KAYAK TUDENSE 2023

O XOVES 14 DE SETEMBRO O ALUMNADO 6º E 5º TIVO A SORTE DE PARTICIPAR NUNHA XORNADA DE “PROMOCIÓN DE PIRAGÜISMO” NO RÍO MIÑO.

ADEMAIS COÑECEMOS AS INSTALACIÓNS  DE CENTRO INTERFEDERADO E A UN GRAN CAMPIÓN COMO “MANU GARRIDO”.

MOITAS GRAZAS A TODO O CLUB KAYAK TUDENSE.

PROMOCIÓNS DEPORTIVAS 22/23

PROMOCIÓNS DEPORTIVAS 22/23


Durante os meses de Setembro e outubro, visitaron a nosa escola o Club Balonmán Tui e o Tui de Fútbol sala; ambas entendidas deportivas, explicaron ao noso alumnado de educación primaria a organización dos seus clubes e fixeron unha clase de iniciación co alumnado dos cursos de 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de ed. primaria.

 

PROMOCIÓNS DEPORTIVAS 2021 "Tui FÚTBOL SALA".

PROMOCIÓNS DEPORTIVAS 2021 "Tui FÚTBOL SALA"

 

O pasado venres 17 de setembro o Tui F.Sala viu a nosa escola a promocionar o seu deporte e ensinarnos un pouco a súa modalidade deportiva. Explicaron que este ano a novidade vai ser a creación da Academia Sara Tui sobre fútbol sala feminino.

PROMOCIÓNS DEPORTIVAS 2021 "Balonmán Tui".

PROMOCIÓNS DEPORTIVAS 2021 - CLUB BALONMÁN TUI

 

Estos días o alumnado da nosa escola tivo a sorte de coñecer un pouco máis do Balonmán e o club de Tui.

Moitas grazas aos seus monitor@s pola paciencia e tan boa disposición cos nen@s.

Destacar que na noso colexio vaise organizar de xeito GRATUITO a nivel EXTRAESCOLAR a actividade de BALONMÁN os MÉRCORES de 16 a 17 horas no noso pavillón.

Os interesad@s poden inscribirse no teléfono 677380222 (María Alfaya).

 

 

COÑECE O MEU CLUB "KAYAK TUDENSE"

Programa “Coñece o meu club” (Promocións de clubs deportivos): este ano tivemos que suspender as programadas para o principio de curso, facendo soamente a de piragüismo co Club Kayak Tudense no mes de xuño cos cursos de 5º e 6º de educación primaria.

Xornadas de Xadrez

Rematan hoxe as cinco semanas de xornadas de Xadrez no C.E.I.P. Plurilingüe de Guillarei.

BALONMÁN E BALONCESTO TUI PROMOCIONAN OS SEUS DEPORTES EN GUILLAREI

Alejandro e Javier monitores do Club Baloncesto Tui, explicaron e promocionaron o seu deporte a todos os cursos de educación primaria. Aquí están co alumnado de sexto e quinto.

Grupo de terceiro e cuarto en acción.

Noe e Pablo do Balonmán Tui tamén tiveron o seu momento para animar ao noso alumnado a practicar balonmán co seu club e federarse. Lembrar que na nosa escola hai un grupo que xa xoga desde fai anos un día pola tarde, organizado pola ANPA e a Diputación de Pontevedra xunto o club balonmán Tui.

 

 

Comezamos o curso 2019-2020 con "Promocións deportivas no colexio"

Durante varios días de mes de setembro varios clubs deportivos de Tui van vir ao noso colexio para promocionar e dar a coñecer máis o seu deporte e club.

Estas actividades fanse dentro do programa de Xogade "Coñece o teu club".

Xa temos confirmadas as seguintes:

- Venres 13: Balonmán Tui

- Venres 20: Baloncesto Tui

- Martes 24: Judo club tudense

Pendentes de confirmar a data están outras modadlidades deportivas como fútbol sala, bádminton e remo.

Descenso do Miño

O pasado 8 de Xuño, os alumnos de 5º e 6º de Primaria realizaron o primeiro descenso do Miño en Kayak. A actividade foi proposta polo Clube Kayak Tudense aos cales agradecemos esta oportunidade. 

Agardamos o pasedes tan ben vendo as fotos coma nos disfrutando do río :)

Click na imaxe para ver o álbum de fotos.

 

Distribuir contido