ÁMBITO TEMPORAL 2: DENTRO DO CENTRO E DENTRO DO HORARIO LECTIVO

TRABALLIÑOS DO ALUMNDO DO 2º E O 3º TRIMESTRE

A continuación tedes un resumo dos traballiños, debuxos, redaccións, etc que fixo o alumnado de educación primaria sobre as actividades deportivas nas que participaron, traballando deste xeito de forma interdisciplinar con outras áreas de educación primaria.

Destacar as relacionadas con:

  • Piragüismo.
  • Aloiada.
  • Carreiras.
  • Xogos populares.

HÁBITOS SAUDABLES.

PIRAGÜISMO NO RÍO MIÑO

 

DISCAMINO VEN A NOSA ESCOLA

DISCAMINO VISITA O NOSO COLEXIO

O PRÓXIMO XOVES 26 DE MAIO A PARTIR DAS 9.10 HORAS.

IMOS TER UNHA VISITA MOI ESPECIAL PARA TODO O ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA.

 

ÁMBITO 2: DENTRO DO CENTRO E DENTRO DO HORARIO LECTIVO

Neste ámbito están recollidas as actividades de promoción de actividade física durante a estancia do alumnado no centro educativo.

Actividades desenvolvidas como por exemplo:

  1. As xornadas lúdicas. (xornada con multixogos de retos deportivos entre os diferentes grupos burbulla).
  2. O patio activo (Xogando no recreo). Repartindo un baúl de material variado e motivando o alumnado a xogar e moverse no tempo de lecer.
  3. O proxecto DAFIS. Coa realización das diferentes probas físicas nos cursos de educación primaria. Ao ser un colexio pequeno non tivemos problema co protocolo Covid, e as probas realizarónse como sempre, desinfectando algún material concreto.
  4. Móvete + (Coreografía "Jerusalema"): Práctica cos diferentes cursos desta coreografía ao logo do 1º trimestre.
Distribuir contido