Xogade (deporte escolar)

TERCEIRA XORNADA DE DINAMIZACIÓN ESCOLAR DEPORTIVA NO CEIP DE GUILLAREI

O pasado venres 24 de marzo o CEIP de PAZOS DE REIS visitou a nosa escola, para participar na terceira xornada de deporte escolar intercentros de XOGADE.

A xornada transcurríu con normalidade, onde tod@s desfrutamos da convivencia e da práctica deportiva xogando a balonmán, xadrez, bádminton, voleibol, baloncesto e fútbol sala.

Subcampioas provinciais de campo a través

O martes 14 de marzo o equipo alevín feminino recolleu o trofeo de Subcampioas provinciais de campo a través no Concello de Tui e ademáis forón entrevistadas pola Radio Municipal de Tui. Podedes escoitar aqui a entrevista ou baixala para o voso computador.

sentímolo, flash non está dispoñible.

XOGADE- DEPORTE INTERESCOLAS NO CEIP 1 DE TUI

FOTO DE FAMILIA DAS CLASES DE 5º DOS DÚAS ESCOLAS

 

XOGADE (Deporte escolar)

I Xornada de Dinamización deportiva no CEIP DE REBORDANS. A nosa escola participou cos cursos de 3º, 4º e 6º de educación primaria, que estiveron acompañados polos mestres Javier, David e Fernando.

DEPORTE ESCOLAR:Comezan as xornadas de Dinamizacións deportivas intercentros

O próximo venres 20 de xaneiro o CEIP DE GUILLAREI vai xogar ao CEIP DE REBORDANES cos cursos de 3º, 4º e 6º.

Imos xogar e desfrutar practicando xadrez. badminton, voleibol, fútbol sala, balonmán e baloncesto.

En breve máis noticias.

Distribuir contido