Máis e mellor actividade física (MMAF)

Programa onde se traballan contidos de ciencias no grupo clase de sexto de primaria dun xeito activo.

Orientación Deportiva en Familia

Intres previos a saída da proba de Tui

Mapa da proba de Orientación en Tui

 

II CARREIRA DE ORIENTACIÓN DEPORTIVA EUROCIDADE

O próximo domingo 13 de octubre vaise organizar a segunda carreira de Orientación Deportiva. Unha boa oportunidade para facer deporte en familia dun xeito divertido. 

Animádevos a participar cos vosos fill@s. Lembrar que hai límite de inscrición ata o xoves10.

ACROSPORT, CIRCO E FESTIVAL FIN DE CURSO

Durante gran parte do terceiro trimestre o alumnado de educación primaria estivo aprendendo moitas actividades ximnásticas, exercicios de acrosport, equilibrios, bailes, malabares e moitas habilidades circenses.

Especialmente os grupos de quinto e sexto adicáronlle moitas horas do seu tempo libre nos recreos, algunhas tardes e nas horas de educación física. Como guinda de tanto esforzo, no festival de fin de curso titulado "Eurosport" fixeron actuacións do aprendido.

Sen dúbida foi unha xornada de moitos nervios pero tamén de emoción e ilusión poder actuar diante das suas familias e de todo o colexio.

Moitos parabéns a tod@s.

Grupo de quinto curso, coa parodia de natación desincronizada.

Actividades circenses o grupo de sexto.

Acrosport

 

Xeocaching en sexto curso de primaria

Sela, Mayra, Lidia e a pequena Enma tamén percorreron o seu entorno na busca dos pequenos tesouros agochados, as súas caras o dín todo.

O alumnado de sexto curso esta traballando de xeito interdisciplinar contidos de ciencias sociais e educación física. Nestas datas estamos coa iniciación a orientación, puntos cardinais, uso de coordenadas, compás, ... e o "xeocaching". 

A busca de "cachés" (pequenos tesouros), coa axuda dunha aplicación do móbil e xunto a familia e amigos, están descubrindo que moi pretiño das súas casas hai moitas sorpresas.

A idea é divertirse e aprender dun xeito práctico e social. Para mostra podedes ver un resumo de fotografías que foron sacando estes días.

Nuria e Alejandra co caché atopado en Valença do Miño

Abel, Lucas, Pablo e Roberto nos mostran o seu caché atopado nun entorno natural de Tui.

Ainhoa moi feliz participando no xeocaching.

Agueda e a sua familia tamén animáronse a participar nesta aventura.

 

Equilibrio, esquema corporal e ritmo

home zancudo

O pasado mes de xuño recibimos a visita de Diego, irmá de Tais, o cal sorprendeunos coas súas habilidades cos zancos a un metro e dez centímetros de altura do chán.

Contounos moitas cousas interesantes como por exemplo que un "zancudo" non pode estar parado, sempre ten que moverse para non caer, que consegue aguantar case 3 horas con eles postos, que participa en comparsas e festivais animando, e moitas outras cousas moi divertidas.

Ademais aproveitamos esta visita para repasar contidos de xeografía e relacionala con algúnha tradición típica desa zona.

Descubrimos que en Cataluña, fanse torres humanas, chamadas "Castells", que na zona de Bemposta en Ourense hai un circo chamado o "circo dos muchachos" onde moitos nenos  e nenas iniciánse nas acrobacias e nos equilibrios, e que en moitas localidades na zona de Navarra e Aragón tamén fan torres humanas.

 

Traballamos a orientación dun xeito divertido no patio

orientación no cole

Os puntos cardinais, a rosa dos ventos ou interpretar un mapa e orientarnos deste xeito é máis doado e divertido.

Distribuir contido