Presentación

XORNADA DE SURF (3º)

O 12 de abril tivemos a oportunidade de recibir da man dun profesional unha clase maxistral de SURF. En breves poderán practicar todo o aprendido...

 

HORTO ESCOLAR

Coa chegada da primavera estivemos no horto escolar plantando diferentes especies vexetais. Aquí vos deixamos unha pequena mostra (pincha sobre a imaxe).

 

UN PASO MÁIS (INCLUSIÓN)

O 5 de abril vivimos unha xornada do máis interesante da man de "UN PASO MÁIS". Deste xeito, o alumnado foi capaz de experimentar de primeira man como realizar certas actividades pese a ter algún tipo de discapacidade. 

DÍA DA MULLER (8 DE MARZO)

Actividade no "Mercado de Carballo" para conmemorar o Día da Muller.

 

SEMANA DA PRENSA

 Celebrando a Semana da Prensa (4 ao 8 de marzo) coa elaboración do xornal "Sofán News" edición do mes de marzo.

 

SAMAÍN 2023

O martes 31 celebramos todos xuntos o SAMAÍN cunha gran festa!

MAGOSTO 2023

O venres pasado celebramos o Magosto no centro, degustaron castañas e pasárono xenial, deixamosvos unha mostra:

 

Proxecto de investigación Among Us

Durante este curso, Roberto estivo elaborando un proxecto de investigación sobre o xogo Among Us. Coa información que atopou e seleccionou elaborou un libro e un vídeo titorial para amosarvos este mundo no que non todo é o que parece. Queredes saber máis? Consultade os datos desta investigación!

 

Powered by Drupal - Design by artinet