Presentación
Saúdos sen contacto
16 de setembro de 2020
O alumnado de 4º comezamos este curso coa nosa presentación tendo moi presente a situación actual e cumprindo con todas as recomendacións. Deste xeito, saudámonos e saudámosvos mantendo as distancias, mans ben limpas e máscara posta en todo momento!
O CURSO XA EMPEZOU!!!!
Empezamos un novo curso, con moitas ganas de aprender cousas e pasalo o mellor posible!!!!!.
Agora xa somos moit@s nen@s en cada clase. Iso gústanos moito, xa que somos máis para xogar!!!!!, para compartir as nosas cousas!!!! para divertirnos!!! para....
Agora deixámosvos unhas fotiños e ao longo do curso ímosvos contando "cousiñas" do que imos ir facendo.
BENVIDOS AO NOSO BLOG!
Somos os alumnos e alumnas de segundo ciclo. Ao longo do curso irémosvos amosando parte das nosas actividades a través do noso blog.
Deixámosvos unha foto para que nos coñezades e vexades o ben que o pasamos.