Skip to Content

OS NENOS E NENAS DE 4º GAÑAN A FASE PROVINCIAL DO 33º CONCURSO ESCOLAR DA O.N.C.E.

O alumnado de 4º de primaria estamos de celebración xa que resultamos gañadores da fase provincial do 33º concurso escolar da O.N.C.E.!!!

Foi unha gran noticia posto que puxemos moito cariño e ilusión na elaboración do material proposto. Nesta edición debiamos crear un cartel publicitario para loitar contra o acoso escolar e crear unha audiodescrición do mesmo para que as persoas con discapacidade visual poideran desfrutar do noso traballo.

 

 

Ademais esta semana fomos entrevistados por varios medios de comunicación locais como o xornal La Voz de Galicia ou o programa de RadioVoz Voces de Bergantiños!!

OS ALUMNOS DE SOFAN PLANTAN CASTIÑEIROS...

O Mércores 22 de Febreiro, os alumnos de Sofán plantaron castiñeiros e algún nogal nunha leira preto do cole, dentro das actividades de vida saudable e coidado do medioambente no programa PROXECTA.

Todo o alumnado participou, infantil e primaria e mostraron gran interés por aprender a plantar, aboar...

SOFAN SAUDABLE

Os alumn@s de Sofán, aprenden a elaborar menús saudables SorprendidoGuiño

baseándose na Pirámide de Alimentación, redactan menús sans e equilibrados, que conteñan tódolos grupos de alimentos e ben repartidos nas comidas ó longo do día.

SOFAN SAUDABLE

2ª SEMANA DA FROITA _PROXECTO ALIMENTATE BEN_

Sorriso OUTRA NOVA SEMANA DA FROITA!!!

Durante toda esta semana, estamos a repartir de novo, froita fresca entre o noso alumnado, dentro do programa Aliméntate Ben. 

Hoxe tocou pera, o luns laranxa, o martes fresa, o mércores uva e mañá comeremos melón.

Os nosos alumn@s disfrutan dun hábito tan saudable como o consumo diario da froita e tamén aproveitamos para que recoñezan ás súas propiedades no organismo...

 Os alumnos de cuarto comendo as laranxas...

2ª SEMANA DA FROITA _PROXECTO ALIMENTATE BEN_

MENÚS FEBREIRO 2017

MENÚ FEBREIRO 2017

 

MENÚ XERAL

Carreira Solidaria Save The Children Quilómetros de Solidariedade

O Luns 30 de Xaneiro, Día da Paz, o noso centro celebrouno coa Carreira Solidaria SAVE THE CHILDREN, onde os nosos alumn@s correron, colaboraron e celebraron a paz para axudar aos nenos e nenas que carecen de productos básicos de alimentación.

Con esta carreira, onde correron quilómetros simbólicos, quixeron axudar a través dos seus patrocinadores á organización Save The Children.

Noraboa, todos GAÑAMOS!!!

Carreira Solidaria Save The Children Quilómetros de Solidariedade

As nosas atletas no Cross Intercomarcal

As nosas atletas no Cross Intercomarcal

Resultado Cross Os Menhires

Premer no seguinte enlace para ver as clasificacións dos nosos alumn@s no cross celebrado na Coruña o pasado 21 de Xaneiro, na proba intercomarcal de campo a través Os Menhires.

 

http://www.carreirasgalegas.com/resultado-externo/vi-cross-dos-menhires/81d9e091-91b2-dd10-6fd2-39dc385b19b9

Tamén podes ver algún video das carreiras...

 

https://www.edu.xunta.es/webmail/services/download/?module=imp&actionID=download_attach&id=2&uid=24442&mailbox=SU5CT1g&fn=%2FVID-20170121-WA0005.mp4

 

Distribuir contido


by Dr. Radut