Skip to Content

CHEQUES DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

ESTIMADAS FAMILIAS:

XA PODEN VIR A RECOLLER OS CHEQUES DE ADQUISICIÓN DE MATERIAL E DE ADQUISICIÓN DE LIBROS.

O HORARIO DE VERANO ATA O 14 DE XULLO É DE 10.00 Á 13.00.

TAMÉN SE PODE VIR A RECOLLER NOS PRIMEIROS DÍAS DE SETEMBRO, INCLUÍDO O DÍA DA REUNIÓN XERAL CON TODOS OS PAIS, O 8 DE SETEMBRO

 

ATENTAMENTE.

DIRECCIÓN.

LISTA DEFINITIVA DE COMENSAIS DE COMEDOR

 Está publicada tanto na páxina web como no taboleiro da anpa do centro, a listaxe definitiva de comensais admitidos de comedor para o curso que vén.

Esta listaxe vai achegada neste escrito.

Atentamente.

Dirección.

LIBROS DE TEXTO PARA CURSO ESCOLAR 17/18

Están expostos tanto aquí, na páxina web adxuntado, como no taboleiro do centro a relación de libros para o curso 2017/18, tanto en e. infantil como en e. primaria.

 

Observacións: As familias que teñan alumnado nos cursos de 3º,4º e 5º, por favor esperen a setembro para mercar os libros, o que si poden facer é reservar o libro de ACTIVIDADES de INGLÉS. 

Atentamente 

Dirección.

ADMITIDOS PROVISIONAIS DE COMEDOR

O VENRES 23 DE XUÑO APROBOUSE NO CONSELLO ESCOLAR A RELACIÓN PROVISIONAL DE COMENSAIS ADMITIDOS PARA COMEDOR, PARA O CURSO 2017/18.

ACHÉGASE A RELACIÓN NO ADXUNTO.

ATENTAMENTE

DIRECCIÓN

ADXUDICACIÓNS POSTOS ESCOLARES POLA COMISIÓN DE ESCOLARIZACIÓN

NO ARQUIVO QUE SE ADXUNTA, NOTIFÍCANSE OS POSTOS ESCOLARES ADXUDICADOS TRALA COMISIÓN DE ESCOLARIZACIÓN EN CARBALLO.

PONLLE PILAS AO TEU BOCATA

Durante o pasado mes de Maio, os nosos alumn@s puideron degustar os sabores dos productos do mar, grazas o programa da Consellería do Mar, PONLLE PILAS AO TEU BOCATA, onde os rapaces elaboraron os seus propios bocatas con variedade de alimentos do mar... GUSTARONLLE MOITÍSIMO!!!

AHÍ VAN UNHAS FOTIÑOS

TRABALLANDO A ALIMENTACIÓN SAUDABLE

 

Durante todo o curso estivemos traballando, no noso proxecto Aliméntate Ben, a necesidade de elexir dietas equilibradas, con consumo diario de froitas, libre de grasas... por todo isto, queremos mostrarvos un pequeno exemplo do RECETARIO SAUDABLE do noso cole, elaborado por todos os nosos alumnos e que resultou un traballo moi elaborado, tamén fixemos os menús tipo combinando distintos alimentos.

NORABOA RAPACES POLO VOSO TRABALLO!!!

FONDO DE LIBROS. CONVOCATORIA CURSO 2017/2018

Saíron as axudas de fondo de libros para o vindeiro curso 2017/2018, vos deixamos a convocatoria e o anexo de solicitude.

FORMALIZACIÓN MATRÍCULA

Informamos que as datas de formalización de MATRÍCULA para os alumn@s de nova admisión o vindeiro curso será entre o 20 e o 30 de XUÑO.
A documentación a achegar é a seguinte:

  • Descargar e cubrir el Anexo III
  • 2 fotos tipo carnet
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria
  • Fotocopia do libro de familia.
  • De ser o caso, sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.
Distribuir contido


by Dr. Radut