Skip to Content

Aliméntate Ben

¡Esta semana, do 12 ó 16 de Decembro comenzamos a Semana da Froita, co programa Aliméntate Ben!

Alumn@s Saudables  no CEIP GÁNDARA-SOFÁN

 

 PIRAMIDE ALIMENTACION

 

Aliméntate Ben

CLASIFICACIONS CARREIRA CAMPO A TRAVES

http://www.deporteescolargalego.com/adjuntos/cAlertas/498_resultadoscrosscarballo.xls

No enlace que aparece engadido podedes consultar a vosa posición na carreira do día 30, tede en conta que os 8 primeiros de cada categoría están clasificados para a fase intercomarcal que se celebrará en A Coruña no mes de Xaneiro.

¡Noraboa a todos!

CARREIRA CAMPO A TRAVÉS

CARREIRA CAMPO A TRAVÉS

O pasado mércores 30 de novembro o alumado de 2º a 6º de Ed. Primaria asistiu á Carreira de Campo a Través do Concello de Carballo celebrada no Campo de As Eiroas.

 Ademais de pasalo xenial demostramos que en Sofán somos uns grandes deportistas!!

Preme nas imaxes para acceder ás noticias on line

AVISO DÍA NON LECTIVO

AVISO DÍA NON LECTIVO

Estimadas familias recordamos que o vindeiro luns 5 de decembro non haberá clase, por ser un día escollido polos centros de Carballo como un dos días NON LECTIVOS. Así mesmo, recordamos quo o 6 e 8 de decembro son festivos, polo que esa semana só haberá clases o mércores 7 e o venres 9 de decembro.

Atentamente.   A dirección

AVISO DÍAS FESTIVOS

LISTAXE DEFINITIVA DE DISTRIBUCIÓN DE LIBROS ED. PRIMARIA

Publicamos a listaxe definitiva do reparto de fondos de libros para o curso 2016-2017.

 

Prema aquí para visionalo.

 

Nota: Tamén tiveron libros do fondo de libros Uxía e Brais de 6º de E. Primaria. Por favor as familias destes dous  alumnos pasen polo centro, antes do 22 de horario de 10:30 a 13:00, para explicarllelo.

Atentamente

Dirección

LISTAXE PROVISIONAL DE DISTRIBUCIÓN DE LIBROS ED. PRIMARIA

Publicamos a listaxe provisional do reparto de fondo de libros para o curso 2106-2017. 

Preme aquí para visionalo

AVISO DE RECOLLIDA DE CHEQUES PARA O VINDEIRO CURSO ESCOLAR

Estimadas familias:

Informamos que a partires do próximo luns 11 de xullo estarán dispoñibes os seguintes  cheques de axudas para o alumnado de Ed.Primaria:

  • Cheque de axuda para a adquisición de material escolar para o alumnado de Ed. Primaria (1º a 6º EP)
  • Cheque de axuda para a adquisición de libros de texto para o alumnado de 1º e 2º de Ed.Primaria

LISTADO DE LIBROS DE TEXTO 2016-2017

 

A listaxe de libros de texto para o curso 2016-2017 están publicadas no taboleiro de anuncios do colexio.

 

Tamén se poden mirar e descargar aquí (premendo nos arquivos adxuntos).

 

Aclaramos que en Educación Primaria o libro de Valores Cívicos e Sociais só se compra se o alumn@ elixíu esa área (é dicir, @s alum@s elixen Relixión ou Valores Cívicos e Sociais).

 

PUBLICACIÓN CENSO FAMILIAS

AVISO

Informamos que dende hoxe, día 3 de xuño de 2016, está exposto no taboleiro do centro educativo o censo electoral das familias, como primeiro trámite no proceso de votación para o cambio de xornada.

O plazo de reclamacións será de 5 días hábiles.

Distribuir contido


by Dr. Radut