Skip to Content

MISTERIO NO CEMITERIO

As aulas de terceiro foron invadidas por estas terroríficas personaxes!! Están a interpretar..."Misterio no cemiterio"
 
 

EXPOSICIÓN DE PRODUCTOS DO OUTONO 2023

Xa estamos a tope co outono!

Como mostra, deixamos un resumo gráfico das dúas exposicións que levamos a cabo neste curso. Damos as grazas ás familias pola súa colaboración. Equipo Dinamización Língua Galega

Álbum: 2023 2024 -> OUTONO 2023

Información programa municipal de conciliación de nadal 2023

Achegamos a información para as familias e o modelo de solicitude do Programa Municipal de Conciliación de Nadal 2023. O prazo de presentación de solicitudes é do 31 de outubro ao 09 de novembro de 2023.

 

EDUCACIÓN VIARIA 4º E. PRIMARIA 23 10 23

Actividade de educación viaria para 4° de primaria. A actividade consistiu nunha charla nas aulas dos dous grupos por parte da policia local de Santiago, seguidamente fixemos  o percorrido camiñando dende o colexio ata  a comisaría da policia local (situada debaixo do Concello), para poñer en practica o que se falou na aula; finalizando coa visita ás dependencias policiais, onde os rapaces poderon acceder á sala de control, os calabozos...

Álbum: 2023 2024 -> VISITA POLICÍA LOCAL 23 10 23

Charla sobre o CONTROL DA MIOPÍA

Charla informativa sobre a Campaña para o control da miopía, desenvolvida por persoal da Facultade Óptica e Optometría da Universidade de Santiago de Compostela

Xoves, 9 de novembro ás 18:00 horas

Na biblioteca do CEIP das Fontiñas

VISITA AERÓDROMO MILITAR DE SANTIAGO 18 10 23

Onte o alumnado de 2º de E. Primaria foi de visita ao aeródromo militar de Santiago de Compostela.

Alí explicáronnos as funcións que realizan, ademais dunha formación express en supervivencia e puidemos acceder ao interior dun hidroavión de extinción de incendios. Ao remate, o persoal das instalacións agasallou a cada neno/a cun póster moi chulo.

Moito nos gustou esta visita!!

Álbum: 2023 2024 -> AERÓDROMO MILITAR 18 10 23

Sesión monicreques."Renata" Festival Galicreques 13 10 23

Hoxe o alumnado de 1º e 2º de E. Primaria disfrutou dunha sesión de monicreques do Festival Galicreques no edificio da SGAE. A obra titulábase "Renata", da compañía arxentina El Lucero.

A historia trataba dun científico retirado, que dedica a súa vida á procura da fórmula para rexuvenecer. Coa súa pequena neta Renata, na súa casa por uns días, enfrontarase a un temible ladrón.

No enlace podedes ver un pouco da historia:

https://youtu.be/04huKlH3eeA?si=N4UVgksnKTvsbxsJ

Álbum: 2023 2024 -> galicreques 13 10 23

MERENDA DE REENCONTRO

Na mañá de hoxe, 9 de outubro, o alumnado de 5ºA e 5ºB gozou dunha merenda de reencontro cos seus antigos compañeiros de terceiro e cuarto. A merenda foi no mirador que hai preto do colexio. Tamén tiveron ocasión de xogar xuntos.

Álbum: 2023 2024 -> MERENDA REENCONTRO 9 10 23

TALLER MICÓFILO 26 09 23

Hoxe recibimos na nosa biblioteca a visita de Miriam , da asociación AMABUL, ve a falarnos da importancia ecolòxica e ambiental dos cogomelos. Todo dentro da exposición WOOD WIDE WEB a rede que da vida ao planeta. Foi moi entretido e aprendemos a importancia dos recursos micolòxicos para a conservaciòn dos nosos bosques.

Álbum: 2023 2024 -> taller micófico 26 09 23

HORARIOS - ENTRADAS/SAÍDAS

Distribuir contido


by Dr. Radut