23 de maio: Seguimos co programa do XXV ANIVERSARIO

Continuamos co noso programa da celebración do XXV aniversario. O pasado día 23 de maio visitáronnos o Coro de Padrón, dirixido por Santiago López, antiguo profesor do centro, e o grupo musical OS POTES cos que desfrutamos " a rabear".

Simultaneamente, no patio do colexio, nenas e nenos pintaron distintos xogos nas paredes e chan xunto cos seus nais e pais.

Moitas grazas a todos e todas!

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDAS PARA A ADQUISCIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2019-2020

O alumnado de educación primaria, educación secundaria e necesidades educativas poderá solicitar:

  • Participar no fondo solidario de libros de texto: alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria e de ESO.
  • Axudas para adquirir libros de texto: alumnado de 1º e 2º de educación primaria e de necesidades educativas.
  • Axudas para adquirir material escolar: alumnado de educación primaria, ESO e necesidades educativas.

Prazo de presentación de solitudes: do 21 de maio ao 21 de xuño.

Orde do 3 de maio.

Anexos I e II

Nota familias

 

EN COMPAÑÍA DE XERARDO ESTÉVEZ

Seguindo coa axenda de actividades programadas polo profesorado e a ANPA  para conmemorar o XXV aniversario do noso colexio, tivemos a honra de recibir esta máña a D. Xerardo Estévez, que conversou cun bo número de nenas e nenos sobre a evolución da cidade de Santiago, como xoia do noso patrimonio, e sobre a construcción do barrio das Fontiñas.

Intentou sobre todo, concienciar ao alumnado da importancia de conservar o patrimonio e de facelo ben para que poidamos estar orgullosos do que temos.

Moitas grazas por todo!

 

XXV ANIVERSARIO

Seguimos coas actividades de celebración do XXV aniversario do colexio que comezaron o día 8 de abril coa actuación do grupo Tacón Gitano. Trátase dunha serie de actividades abertas a toda a comunidade educativa coa colaboración entre o Centro escolar e a ANPA e as familias.

O pasado martes, 30 de abril tivemos a gran sorte de desfrutar da música de dous estupendos grupos, Brassica Rappa e De Ninghures.

 

E... seguiremos coa festa en próximas datas ata fin de curso!!

Consultade o programa e animádevos a participar!

 

A ANTÁRTIDA, CONTINENTE EXTREMO

Nas aulas de 5 anos tivemos a oportunidade de escoitar a Luis Sampedro, biólogo e investigador no CSIC (Consejo Superior de Investigaciones Científicas).

Contounos a súa experiencia na Antártida, e os experimentos que levaron a cabo para determinar os efectos do cambio climático nese continente.

 Aprendemos unha chea de cousas deste continente tan descoñecido.

25 ANIVERSARIO DO NOSO COLEXIO

 

O CEIP das Fontiñas está de 25 aniversario!

Unha comisión formada por representantes das familias, ANPA e  profesorado programou ao longo do curso unha serie de actividades para celebralo.

Dende o noso centro animámosvos a todas e todos a que participedes!!!

 

O noso programa está aberto a toda a Comunidade Educativa.

 

 

MODIFICACIÓN DE VACANTES PARA O CURSO 2019-2020

Por mor de unha adxudicación extraordinaria en periodo de admisión, as vacantes para o curso 2019-2020 para 5º de Educación Infantil (4 anos) reducíronse de 2 a 1.

 

XIX CAMPAÑA MUNICIPAL DE ANIMACIÓN Á LECTURA

 O Alumnado de 3 e 5 anos asistiú a XIX Campaña municipal de animación á lectura, no Centro Social Abanca. Agardamos que o alumnado de 4 anos tamén poida disfrutar desta experiencia.

 

 

Distribuir contido