Skip to Content

ACT. COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

CHARLA SOBRE AQUEOLOXÍA. ATAPUERCA

Diego Lombao Vázquez, arqueólogo da Universidade, visitou o noso colexio para falarnos de Antropoloxía e máis concretamente do xacemento de Atapuerca, onde el mesmo traballou durante uns anos. O alumnado de 6º de E. Primaria desfrutou moito da súa charla. El, moi atentamente respondeu ás súas preguntas e comprobou o moito que saben de Prehistoria as nosas nenas e nenos.

 

Moitas grazas Diego! Foi todo un pracer!

 

 

 

1º A. DÍA DA PAZ

CEIDA 24 11 23

Este venres 24 de novembro de 2023, tivemos a visita de Jorge, do Centro de Extensión universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA).

Explicounos o amplo patrimonio natural co que contamos en Galicia e a importancia de coidalo e poñelo en valor.

Esta charla é previa á visita que realizaremos a Costa do Dexo, en Oleiros, a vindeira semana

VACACIÓNS DE NADAL

Hoxe despedios o trimestre e para marchar con bo sabor de boca e comezar as vacacións de nadal cun sorriso, tivemos no colexio a Mircromina-Teatro de títeres, que nos ofreceu o espectáculo "A familia unida" do que disfrutamos moito.

Lembramos que a actividade lectiva retómase o luns, 9 de xaneiro de 2023.

Felices Festas!!

Distribuir contido


by Dr. Radut