Benvida

Benvidos ao novo sitio de Webs dinámicas!

Sitio web do CENTRO EDUCATIVO.

MODIFICACIÓN DE VACANTES PARA O CURSO 2019-2020

Por mor de unha adxudicación extraordinaria en periodo de admisión, as vacantes para o curso 2019-2020 para 5º de Educación Infantil (4 anos) reducíronse de 2 a 1.

 

XIX CAMPAÑA MUNICIPAL DE ANIMACIÓN Á LECTURA

 O Alumnado de 3 e 5 anos asistiú a XIX Campaña municipal de animación á lectura, no Centro Social Abanca. Agardamos que o alumnado de 4 anos tamén poida disfrutar desta experiencia.

 

 

OBRADOIROS SOBRE A AUGA

 A semana pasada todo o alumnado de Educación Infantil puido disfrutar duns obradoiros sobre a auga, organizados pola Anpa. Moitas grazas a Marta González e a Marta Vázquez por levalos á cabo.

8 de abril: DÍA DO POBO XITANO

 

Hoxe, 8 de abril celébrase o día Mundial do Pobo Xitano. E no noso colexio fixémolo por todo o alto, con música do grupo Tacón gitano e a proxección dunha curtametraxe titulada Marcando la diferencia, sobre as mulleres xitanas e protagonizada por mulleres do entorno da nosa escola. Todas as actividades foron realizadas coa colaboración da ANPA do noso colexio.

Así desfrutamos das dúas actuacións, tanto en Infantil como en Primaria. Con cante, palmas e baile!

ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO

O alumnado que solicitou praza neste centro para o curso 2019-2020, está admitido en todos os niveis, agás en 5º de Educación Infantil que hai que baremar.

As listas provisionais sairán antes do 25 de abril.

DÍA MUNDIAL DA AUGA

O pasado venres 22 de marzo, con motivo da conmemoración do Día Mundial da auga, o alumnado de 5 anos, asisitíu a Xornada de portas abertas organizada por Viaqua, na planta potabilizadora do Tambre e na depuradora de augas residuias de Aríns.

21 de marzo: DÍA MUNDIAL DO SÍNDROME DE DOWN

A clase de 5º A do clolexio acudiu a un pleno especial no Concello promovido pola Asociación Down Compostela, no que a alumnado aportou as súas propostas para conseguir unha sociedade igualitaria: Igualdade de oportunidades, accesibilidade e escola inclusiva.

Presidido polo Alcalde da cidade e con Antía e Silvia como tenentes de alcalde e cos outros 23 alumnos e alumnas participando directamente xunto con reperesentantes de todos os partidos.

PROGRAMA MUNICIPAL DE CONCILIACIÓN DE SEMANA SANTA 2019

O Departamento de Educación e cidadanía do concello de Santiago ten previsto a realización do programa de conciliación laboral e famliar en Semana santa os días 15, 16, 17 e 22 de abril, no CEIP Monte do Postes e no CEIP Raíña Fabiola.

O prazo para inscribirse é do 15 ao 29 de marzo.

A folla de inscrición pode recollerse na conserxería do centro ou no seguinte enlace.

Para máis información, premer aquí.

Distribuir contido