Skip to Content

BIBLIOTECA

8 de marzo: DÍA MUNDIAL DA MULLER

Unha exposición de libros no recibidor do colexio para que o alumnado e profesorado teñan a man diversas obras interesantes sobre mulleres que fixeron e fan historia.

 

Ademais, a Biblioteca, puxo en marcha unha nova edición do concurso de pistas para adiviñar o nome de mulleres significativas no noso mundo. Esta edición, dedicada ao tema do PDI “Feito a man”.

23 de febreiro: DÍA DE ROSALÍA

O 23 de febreiro festexamos o día da nosa ben querida Rosalía.

 

Unha liña do tempo coas datas máis significativas da vida da escritora está situada na mesma entrada da nosa Biblioteca.

 

Dentro da sala, un carriño expón as súas obras.

 

30 xaneiro- día mundial da paz

O 30 de xaneiro celebramos no noso colexio O DÍA MUNDIAL DA PAZ.

As nenas e nenos dos cursos de Primaria aproveitaron a celebración para leren contos aos máis cativos.

A actividade volverase  repetir na primavera.

 

 

 

CHEGA A PRIMAVERA Á BIBLIOTECA

Coa chegada do bo tempo primaveral, da gusto empregar o pequeno xardín a carón da biblioteca.

Distribuir contido


by Dr. Radut