Skip to Content

Informacións

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 24/25

Está publicada a LISTAXE DEFINITIVA DE ADMISIÓN DO ALUMNADO para o curso 2024/2025 no taboleiro de anuncios do centro.

Todas as solicitudes para 4º e 5º de E. Infantil e 1º de E. Primaria foron admitidas.

PRAZO FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA: 20 ao 30 de xuño. O resto do alumnado que xa está cursando estudos no centro, renova a matrícula de xeito automático.

Adxuntamos como anexo a documentación que deben traer entre o 20 e 30 de xuño, así como os impresos por se algunha familia xa os quere traer cubertos.

PUNTO LARANXA

QUE É O PUNTO LARANXA?

É un espazo para que o alumnado poida comunicar situacións de acoso escolar de xeito anónimo, tanto en formato papel (caixa situada no hall de E. Primaria) como en formato dixital (páxina web do centro).

As comunicacións realizadas a través do formulario irán a un enderezo habilitado para a coordinación de convivencia do colexio.

POR QUE USALO?

  • Porque che permite expresar o que che está a acontecer sen medo a represalias.
  • Porque a túa denuncia será escoitada e tomaranse medidas para axudarche.
  • Porque non tes que sufrir en silencio.

 COMO FUNCIONA O PUNTO LARANXA?

Se estás a sufrir acoso ou ciberacoso escolar ou coñeces algún posible caso, axúdanos a paralo!

  1. Escribe de maneira anónima a túa mensaxe nun lugar onde te sintas seguro/a.
  2. Localiza o Punto Laranxa no teu centro (hall de E. Primaria.)
  3. Deposita na caixa do Punto Laranxa a túa mensaxe (esta caixa só pode ser aberta polo equipo docente encargado de loitar contra o acoso escolar no teu centro).

Lembra que tamén podes achegar a túa mensaxe a través do Punto Laranxa Virtual  que tes no lateral dereito da páxina web do colexio.

LEMBRA!

  • O Punto Laranxa é anónimo.
  • A túa denuncia será tratada con confidencialidade.
  • Hai persoas que te queren e te apoian.

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO ACADÉMICO 2024/2025

 

PRAZO DE ADMISIÓN: 1 AO 20 DE MARZO DE 2024

  • Presentación de solicitudes xunto coa fotocopia cotexada do libro de familia ou do DNI do neno/a. (Tamén se poderá entregar a documentación acreditativa dos criterios do baremo)
  • A solicitude será única segundo o modelo ANEXO II, que poderá:

·        Recollerse no centro.

·        Cumprimentarse online na aplicación https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado.

·        Descargarse e cumprimentar de forma manual: Anexo II.

                    Nos casos anteriores a instancia deberá ser entregada no centro e no prazo indicado.

·        Cubrir a solicitude on line e asinala en Sede Electrónica

DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA.  10 días hábiles a partires dos dous días seguintes ao remate do prazo de presentación de solicitudes. Entrega da documentación acreditativa dos criterios do baremo.

LISTAXES PROVISIONAIS. 25 DE ABRIL Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos. Poderanse formular reclamacións contra as listaxes no prazo de 5 días contados desde o seguinte ao da súa publicación.

LISTAXES DEFINITIVAS. 15 DE MAIO. Unha vez resoltas as reclamacións presentadas procédese á publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido. Contra esta publicación cabe recurso de alzada perante o Xefe Territorial no prazo dun mes.

MATRÍCULA. 20 A 30 DE XUÑO. Formalización da matrícula dos alumnado admitido

 ENLACE APLICATIVO ADMISIÓN ALUMNADO

INSTRUCIÓNS XERAIS DE ADMISIÓN

FORMULARIO (ANEXO II)

DATAS PROCESO ADMISIÓN

CRITERIOS DE ADMISIÓN

Admitidas todas as solicitudes de reserva de praza do alumnado de 6º de Educación Primaria no IES Antón Fraguas

Todo o alumnado de 6º de Educación Primaria que presentou neste centro a solicitude no proceso de admisión para o curso 2024/2025 no IES Antón Fraguas foi admitido.

As listas de admitidos son xeradas pola aplicación admisionalumnado e a súa exposición para consulta polas familias pódese realizar das seguintes maneiras:

- Presencial: No taboleiro de anuncios do hall do edificio de Educación Primaria.

- Telemática: a través da aplicación admisionalumnado empregando a chave365 ou certificado dixital.

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

SOLICITUDE RESERVA PRAZA NO IES PARA ALUMNADO 6º E. PRIMARIA

Estimadas familias do alumnado de 6º:    

Comunicámoslles que do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro, estará aberto o prazo para solicitar a reserva nos institutos adscritos ao noso colexio (IES Antonio Fraguas).  

A reserva de praza ten carácter vinculante. A existencia dunha solicitude de admisión presentada sen ter renunciado á praza reservada, poderá ser causa de perda do dereito a participar no procedemento.     

As familias poderán cumprimentar a solicitude de xeito manual (copia que se entregará a todo o alumnado) ou a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/) no menú: solicitudes-reserva-crear. Unha vez cuberta, deberase presentar no centro de orixe (CEIP das Fontiñas) ou  en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015 do procedemento administrativo común incluída a Sede Electrónica se teñen chave 365 ou certificado dixital.       

Se os/as alumnos/as van solicitar praza noutro centro non adscrito ao CEIP das Fontiñas, deberán facelo durante o período ordinario de admisión (normalmente entre o 1 e o 20 de marzo).
      
IMPORTANTE: A solicitude deberá estar asinada por calquera das persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras. Deberá constar o consentimento expreso da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora no anexo de comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar e consentimento (anexo I-bis)   

FORMULARIO RESERVA PRAZA ED550A-G

 

PROGRAMA CONCILIACIÓN ENTROIDO 2024

O Departamento de Educación do concello de Santiago ten previsto a realización dun
programa de conciliación laboral e familiar no período das vacacións de Entroido 2024
(días 12 13, 14 de febreiro de 2024). Este programa comprende un conxunto de
actividades, a desenvolver en instalacións do CEIP Quiroga Palacios e CEIP Monte dos
Postes, destinadas á poboación escolarizada en educación Infantil e Primaria do
municipio de Santiago.

Charla sobre o CONTROL DA MIOPÍA

Charla informativa sobre a Campaña para o control da miopía, desenvolvida por persoal da Facultade Óptica e Optometría da Universidade de Santiago de Compostela

Xoves, 9 de novembro ás 18:00 horas

Na biblioteca do CEIP das Fontiñas

HORARIOS - ENTRADAS/SAÍDAS

Distribuir contido


by Dr. Radut