Secretaría

ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO PARA O CURSO 2018-19

 

O prazo de solicitude de admisión do novo alumnado para o curso 2018-19 é do 1 ao 20 de marzo. O alumnado deste centro xa ten a praza garantida aquí e NON ten que facer reserva.

O formulario de solicitude, anexo II, poderase cubrir de dúas formas:

a) En Internet, na aplicación https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado.

b) Á man, descargándoo do anexo adxunto ou recolléndoo na conserxería.

 Formulario de solicitude: anexo II

DOCUMENTACIÓN NECESARIA:

  PRAZAS VACANTES OFERTADAS PARA O CURSO 2018-19

  

INSTRUCIÓNS XERAIS

 

OUTRAS DATAS E PRAZOS

 

NORMATIVA  APLICABLE: 

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/Axuda.action

 

AUTORIZACIÓNS VARIAS: RECOLLIDA DE ALUMNADO Á SAÍDA DO CENTRO, SAÍDAS EXTRAESCOLARES, IMAXES

Nos ficheiros adxuntos podedes descargar modelos de autorizacións varias:

PARA A REALIZACIÓN DE SAÍDAS EXTRAESCOLARES E A UTILIZACIÓN DAS IMAXES DAS NENAS E NENOS CON FINS PEDAGÓXICOS

PARA A RECOLLIDA DO ALUMNADO AO REMATE DAS CLASES

PARA A RECOLLIDA DO ALUMNADO POR PARTE DE ALUMNOS DE 5º/6º NIVEIS

 

LIBROS DE TEXTO 2017-2018

Os libros de texto de 1º e 2º curso de educación primaria que estaban pendentes de confirmación por parte da Xefatura Territorial, foron confirmados hoxe. Houbo que cambiar o libro de Matemáticas de 2º nivel.

Por tanto, as listas xa son definitivas.

 

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2017-18

As listas de libros para o próximo curso que se colgaron anteriormente non son válidas por conteren varios erros. As LISTAS DEFINITIVAS son as que aparecen no arquivo adxuntos seguinte.

Pedimos desculpas polas molestias que poidemos ocasionar.

 

MATRÍCULA PARA O CURSO 2017/18

 

O prazo de matrícula para o curso 2017/ 18 é do 20  ao 30 de xuño para infantil e primaria e do 25 de xuño ao 10 de xullo para os que acceden a secundaria.

 

Documentación para matrícula de alumnado novo:

 

1. DNI/NIE de pais, e alumno/a, se ten.

2. Fotocopia do libro de familia, todas as páxinas que estean escritas.

3. Fotocopia da cartilla de vacinas, só para Educación Infantil.

4. 3 fotos tamaño carné (2 fotos para Educación Primaria).

5. No caso de cambio de colexio, certificación académica ou boletín de notas do último curso

 

Nos ficheiros adxuntos tedes o DOCUMENTO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA e o de RECOLLIDA DE DATOS.

 

AVISO PARA O ALUMNADO DE 6º QUE ACCEDE AO INSTITUTO

O alumnado de 6º de primaria que pasa para Secundaria ten que levar para matricularse unha certificación académica onde constarán as notas de 6º curso e a indicación da promoción a secundaria. Esta certificación entregarase o día 23 xunto coas notas.

O prazo de matrícula en Secundaria vai do 25 de xuño ata o 10 de xullo. É conveniente pasar uns días antes polo instituto a pedir o sobre de matrícula así, cando se entregue a certificación de 6º, xa estará toda a documentación esixida e o trámite de matriculación farase nun momento.

 

Lembrar tamén que o prazo de solicitar as axudas de libros e material farase no instituto e remata o día 23 de xuño polo tanto hai que facelo antes da matrícula. 

Prazo de matrícula para o curso 2017/18

O prazo de matrícula para o curso 2017/ 18 é do 20  ao 30 de xuño para infantil e primaria e do 25 de xuño ao 10 de xulloo para os que acceden a secundaria.

Solicitude de axuda de libros e material escolar curso 17/18. Prazos

Recordade que o prazo de presentación de solicitudes para as axudas de libros e material escolar remata o próximo venres 23 de xuño.

LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2017-18

Aquí podedes consultar a listaxe definitiva de nenas e nenos admitidos para o próximo curso, tanto en E. Infantil como en Primaria.

 

LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2017-18

Aquí pode consultar a relación provisional de alaumnado admitido para o curso 2017-18.

Prema no ficheiro adxunto.

Distribuir contido