Dinamización Lingüística

Benvida ao Outono

Estimadas familias,                                                                                                                 Logo EDLG

 

Este curso, para darlle a benvida ao outono, queremos facer unha exposición de produtos desta estación, polo que pedimos a vosa colaboración aportando algún dos produtos típicos desta temporada.

 

Moitas grazas e un saúdo.

 

Profesorado de CEIP Fontiñas

 

 

Día das Artes Galegas

"Día das Artes Galegas 2017", adicado a Maruja Mallo.

Podemos escoitar unha entrevista feita nunha aula do cole a pintora. Fai click aqui

 

 

Concurso relatos curtos polo ENTROIDO!

Como xa sabedes, o artista Yoseba Muruzábal está realizando un impresionante mural na parte traseira do noso colexio. Trátase dunha superavoa capaz de asar un polo co poder da súa vista.

Propoñemos un concurso de relatos curtos, nos que esta avoíña, chamada Balbina, debe ser a protagonista.

Os textos teñen que estar en galego e non poden pasar de dous folios. tedes que entregarllos ás titoras ou titores antes do 6 de marzo.

Animádevos a participar!. Haberá sorpresas...

XA ESTÁ AQUÍ O ENTROIDO!

Mira o noso vídeo un pouco máis abaixo nesta mesma entrada e as fotos da GALERÍA (premendo nesta imaxe).

Como todos os anos O ENTROIDO vaise achegando. Este ano queremos darlle a benvida coas Mecas de E: Infantil e Primaria. Son FRIDA e BALBINA. Achégate ao colexio para ver que che mandan. Hai que facerlles moito caso.

 

O venres remataremos cunha  festa rachada en E. Infantil e E. Primaria con degustación de productos típicos, música, desfiles de comparsas...

E así o celebramos en E. Primarria e en E. Infantil.

 

 

 

VIVA O ENTROIDO!

Xa está aquí, como cada ano, O ENTROIDO!. A próxima semana estaremos de celebración. Hai que vir preparados.

As nosas dúas Mecas FRIDA e BALBINA mandan!

O venres remataremos cunha  festa rachada en E. Infantil e E. Primaria con degustación de productos típicos, música, desfiles de comparsas...

 

 

Celebramos un Magosto

O día 11 de Novembro tivo lugar no noso cole, tanto no de E. Infantil como no de E. Primaria, un magosto con festa rachada,  música acompañando e bailoteo, como non podía ser menos!. VIVA O MAGOSTO!

Viva o Magosto!

Recordamos a todas e todos que o próximo luns, día 11 de novembro (San Martiño) celebraremos como todos os anos un GRAN MAGOSTO!

CABAZAS DE TODOS E TODAS!

Traede a vosa cabaza e outros productos do outono. Serán expostos no cole como todos os anos para deleite de nenos e nenas e personas maiores!

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O venres 17 de maio tamén no noso colexio celebramos este día recordando á figura do teatro galego Roberto Vidal Bolaño.

Un aplauso para el!

Día Internacional da Muller Traballadora

O equipo de Normalización e dinamización lingüística, xunto co da Biblioteca están a traballar para conmemorar esta data. Así realizaremos un mural con imaxes e traballos sobre mulleres relevantes da Historia. Tamén escribiremos sobre "a muller máis importante na nosa vida". 

Distribuir contido