Benvida

Benvidos ao novo sitio de Webs dinámicas!

Sitio web do CENTRO EDUCATIVO.

INFORMACIÓN DE HORARIO E MEDIDAS DE ENTRADAS E SAÍDAS AO CENTRO

 

No caso de familias que teñan máis dun fillo ou dunha filla no centro:

  • Se entran os/as dous por cancelas diferentes e á mesma hora, entregan primeiro ao ou á fillo/a maior e a continuación incorpóranse ao final da ringleira que está entrando na cancela do/a fillo menor, aínda que non corresponda ao seu grupo. Á saída repetirase esta actuación.
  • Cando se dea a circunstancia de que un/unha alumno/a de 5º ou 6º de EP traia a un ou unha irmán/á menor, unha vez asinada a autorización correspondente, entrará na súa quenda acompañado deste/a e faralle a súa entrega ao profesor ou á profesora que estará no recibidor do centro e que o/a acompañará á súa aula. Á saída repetirase esta actuación.

 

FOLGA DO 10 E 16 DE SETEMBRO

Diversas organizacións sindicais convocaron unha folga, para todo o persoal docente e non docente dos centros educativos de ensino non universitario, os días 10 e 16 de setembro.

O Centro permanecerá aberto en horario habitual e o servizo de comedor tamén.

Os servizos mínimos decretados pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional (DOG do 9 de setembro) son:

  • A persoa titular da dirección ou un membro do equipo directivo que a substitúa.
  • Un mestre/a por cada grupo de alumnado que teña actividade ese día (2 de Educación Infantil e 7 de Educación Primaria o día 10)
  • Un subalterno/a
  • O 100% do persoal do comedor.
  • o 100% do persoal coidador.
  • O 100/% do persoal de limpeza.

O dereito a ir á folga está recollido na Constitución, polo que, o alumnado que asista ao Centro será atendido polo persoal de servizos mínimos e o persoal que non secunde a folga.

PROGRAMA DE ACOLLIDA PARA A ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID-19 NO CURSO 2020-2021

O Programa de acollida para a adaptación á situación COVID-19 no curso que comenza é o seguinte:

 

INICIO DE CURSO 2020-2021

 

As clases comezarán de forma gradual os días 10 e 11 de setembro (Resolución do 1 de setembro da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa).

 

  • O alumnado de EI chegará á porta exterior da súa aula acompañado por un familiar. O alumno/a será recibido/a pola profesora e o acompañante seguirá o itinerario de saída sen deterse. 

  • O alumnado de EP será recibido polo profesorado na cancela correspondente e acompañado ata a súa aula.

 

DÍA 10 DE SETEMBRO

Incorpóranse os niveis de 5º de EI e 1º, 2º e 3º de EP

Entradas e saídas de EI

NIVEL

HORA ENTRADA

LUGAR ENTRADA/ SAÍDA

HORA SAÍDA

5º (4 anos)

9:00

Cancela EI, porta da aula

13:45

 

Entradas e saídas de EP

NIVEL

HORA ENTRADA

LUGAR ENTRADA /SAÍDA

HORA SAÍDA

9:00

Cancela principal, porta 1º ciclo

13:50

9:30

Cancela principal, porta 1º ciclo

14:00

9:00

Cancela R/ Luxemburgo, porta 2º ciclo

14:00

 

DÍA 11 DE SETEMBRO

Incorpóranse os niveis de 4º e 6º de EI e 4º, 5º e 6º de EP e asiste todo o alumnado.

Entradas e saídas de EI

NIVEL

HORA ENTRADA

LUGAR ENTRADA /SAÍDA

HORA SAÍDA

5º (4 anos)

9:30

Cancela EI, porta da aula

13:55

6º (5 anos)

9:00

Cancela EI, porta da aula

13:45

4º (3 anos)

Segundo horario do plan de adaptación

Cancela EI, porta da aula

Segundo horario do plan de adaptación

 

Entradas e saídas de EP

NIVEL

HORA ENTRADA

LUGAR ENTRADA /SAÍDA

HORA SAÍDA

9:00

Cancela principal, porta 1º ciclo

13:45

9:30

Cancela principal, porta 1º ciclo

13:55

9:00

Cancela R/ Luxemburgo, porta 2º ciclo

13:45

9:30

Cancela R/ Luxemburgo, porta 2º ciclo

14:00

9:45

Cancela principal, porta principal

14:00

10:00

Cancela principal, porta principal

14:05

 

PLAN DE ADAPTACIÓN DE 4º DE EI

As familias do alumnado que se incorpora a 4º de EI terán a reunión co profesorado o martes día 8 en dúas quendas ás 17:00 e 19:00 h respectivamente.

 

 

Os seguintes vídeos informan das entradas e saídas do centro nas etapas de infantil e primaria:

 

 

 

 

APLICACIÓN ABALARMOBIL

É moi importante que todas as familias instalen a aplicación abalarMobil nos seus dispositivos porque vai ser un medio moi eficaz de intercambio de información entre as familias e o centro.

Vidotitorial sobre a instalación e rexistro de abalarMobil

 

PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID 19 NOS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA PARA O CURSO 2020-2021

Versión do 31 de agosto do 2020

 

BECAS PARA O ALUMNADO CON NEAE (CURSO 2020-2021)

O prazo de solicitude de becas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo está aberto desde o 9 de agosto ata o 30 de setembro.

Máis información no seguinte enlace: https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/como-solicitarla.html#pasos-para-solicitarla

LISTAXE DEFINITIVA DE SOLICITUDES DE PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO 2020-2021

Publicación das listaxe definitiva de solicitudes de participación no fondo solidario de libros de texto para o alumnado de 3º, 4º e 6º de EP.

Poderase consultar:

  • No taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.
  • Tamén poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave365 ou o certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.

Prazos de entrega de libros e vales:

1º e 2º EP                       17 e 20 xullo                                                                                                                                                    
6º EP 21 e 22 xullo
4º EP 23 e 24 xullo
3º EP 27 e 28 xullo  (sempre que  a librería os entregue en prazo)

LISTAXE PROVISIONAL DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2020-21

A listaxe provisional de solicitudes de participación no fondo solidario de libros de texto para o alumnado de 3º, 4º e 6º de EP recolle só o número de libros asignado a cada alumna ou alumno.

Poderase consultar:

  • No taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.
  • Tamén poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave65 ou o certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.

 

As persoas interesadas poderán reclamar nos dous días seguintes á publicación, luns 13 e martes 14 de xullo respectivamente.

Resoltas as reclamacións publicaranse as listaxes definitivas e procederase á entrega dos mesmos e dos cheques.

ACTUALIZACIÓN DE ISBN DOS LIBROS DE INGLÉS DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Os libros da área de Inglés de 6º de Educación Primaria, que aparecen na relación de libros para o curso 2020-2021, actualizaron os ISBN porque, segundo informa a editorial MACMILLAN, estes quedaron descatalogados.

INGLÉS PUPIL´S BOOK MACMILLAN-TIGER 978-13-800-1465-8
INGLÉS ACTIVITY BOOK-A MACMILLAN-TIGER 978-02-304-3145-4

Sentimos as molestias.

Distribuir contido