REGUEIFAS, REGUEIFEIROS E REGUEIFEIRAS

Na semana cultural tamén tivemos tempo para regueifar. Os nenos e nenas de quinto acudiron a un taller de regueifas con Alba e aproveitárono moi, moi ben.

APADRIÑAMENTO LECTOR NA NOSA SEMANA CULTURAL

Esta mañán, dentro das actividades da nosa semana cultural, as nenas e nenos de primaria apadriñaron aos máis pequenos, con lecturas variadas ao aire libre, aproveitando o estupendo día primaveral. Tamén o fixeron as nenas e nenos de 5º dentro da biblioteca. Podedes ver máis imaxe no noso blog da biblioteca.

CIRCO NA SEMANA CULTURAL

Hoxe en educación infantil disfrutamos dun divertido espectáculo de circo

Moitas grazas a Jano por este gran espectáculo e a ampa por organizar esta actividade enmarcada na semana cultural.

TEATRO NA SEMANA CULTURAL

Seguimos coa programación da semana cultural coa dramatización por  parte do alumnado de 3º C da obra de Gloria Sánchez Zongalo Quirico (Teatro Feroz).

 

COMENZA A SEMANA CULTURAL

Comenzamos a semana cultural con visitas na biblioteca e co noso proxecto presente Da horta a cociña.

 

 Neste caso, tres profesionais da restauración amosáronnos alimentos, receitas, utensilios, oficios relacionados coa cociña e a alimentación e moitas cousas máis, para quedarmos  coa boca aberta!

 

 Moitas grazas Juan, Mabel e Vanesa! Grandes profesionais!

 

 

 

 

LISTAXES DEFINITIVAS DE NOVO ALUMNADO. CURSO 2018/19

 Listaxe de 4º de Ed. Infantil (3 anos)

Listaxe de 1º Ed primaria

Listaxe de 2º de Ed. Primaria

 

 Lembrámoslles que a matrícula en E. Infantil e E. primaria formalizarase entre o 20 e o 30 de xuño.

SEMANA CULTURAL NO CEIP DAS FONTIÑAS

 

 

 

Como en anos pasados, esta semana celebramos unha semana cultural chea de actividades.Aquí tedes o noso programa:

 

 

PROGRAMA SEMANA CULTURAL

 

 

DO 14 AO 18 DE MAIO DE 2018

 

 

 

 

  • Luns 14, ás 11:00 na biblioteca.Taller de cociña-Charla cos cociñeiros Vanesa Vera, Juan Manuel García e Mabel Germil.

 

 

 

  • Martes 15, ás 12:30 na biblioteca.Literatura e música,sobre a vida e obra de Mª Victoria Moreno,coa colaboración da pianista Yolanda Montserrat Delgado.

 

 

 

  • Martes 15 , no patio .Lecturas apadriñadas. 5ºA-B apadriñan ao alumnado de E. Infantil de 4 anos.

 

 

 

  • Mércores 16, ás 12:00 ,no patio. “ Baile das cintas”.

     

 

  • Mércores 16. espectáculo “Sen medidas”. Novocirco. Educación Infantil

 

 

 

  • Mércores 16, ás 12:30, na bibioteca. Teatro, “ Zongalo Quirico”.

 

 

 

  • Venres 18. Lecturas apadriñadas, (continuación)

 

 

 

  • Venres 18. Regueifas. Ás 10:30 na biblioteca. Alumnado de 5º de E.P.

 

 

O MAIO

Un ano máis en educación infantil, como xa vén sendo tradición,  celebramos o maio.

Durante tres días todo o alumnado de educación infantil colaborou na elaboración do maio e nos diferentes talleres: elaboración de colares, colonia e alfombras de flores.

 

 

Cando rematamos cantámoslle e bailámoslle ao maio todos xuntos.

 

 

PONTE DA ASCENSIÓN

Mañá xoves 10 é festa local en Santiago de Compostela e o venres 11 de maio é o día non lectivo elixido por este Centro, polo que non haberá clase ata o luns 14 de maio.

 

Boas festas!!

MÁIS VISITAS NO CENTRO

 

IAGO LÓPEZ e JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO visitáronnos a semana pasada divertíndonos coas súas ilustracións, contos e historias. Tamén nos asinaron as súas obras, faltaría máis! Moitas grazas aos dous!

Podedes velo tamén no blogue da nosa biblioteca.

Distribuir contido