INICIO DE CURSO 2018-19
Enviado por admin o Ven, 09/07/2018 - 17:00Benvidos e benvidas a un novo curso!!!
Desde o colexio queremos recordarvos que as clases comezarán o próximo día 12 de setembro (mércores).
ENTRADA AO CENTRO:
Alumnado de E. Infantil:
Nenos e nenas de 3 anos: Segundo o Plan de adaptación.
Nenos e nenas de 4 e 5 anos: Ás 9:00 horas
Alumnado de E. Primaria:
Como en anos anteriores a entrada farase de xeito escalonado:
1º nivel: ás 9:00 horas
2º nivel: ás 9:30 h
3º nivel: ás 10:00 h
4º nivel: ás 10:30 h
5º nivel: ás 11:00 h
6º nivel: ás 11:30 h
O alumnado de Primaria e as familias serán recibidos na Biblioteca do centro.
Aqueles nenos e nenas que por diversas causas acudan ao centro a primeira hora (9:00 h), estarán a cargo de profesorado de garda pero deberán avisar previamente da súa chegada.
Aviso importante:
Aproveitamos para informar de que os propietarios/as da roupa que está acumulada no centro por descoñecer a quen pertenece, deberán pasar a retirala antes do 21 de setembro xa que, a partir desa data, será posta en mans dos servicios sociais ante a imposibilidade de ser gardada no centro durante máis tempo. Grazas!
LISTAXE PROVISIONAL DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2018-2019
- Listaxe de alumnado con axudas concedidas e denegadas.
- Período de reclamacións para correxir posibles erros: 13 e 16 de xullo.
- Publicación de listaxes definitivas: 18 de xullo.
- Entrega de libros asignados ao alumnado: do 19 ao 24 de xullo e o 5 e 6 de setembro en horario de 9:30 a 13:30.
VALES DE AXUDA PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL E LIBROS DE TEXTO DE 1º E 2º DE E. P.
Os vales xerados poderanse recoller no centro do 13 ao 24 de xullo en horario de 9:30 a 13:30.
REVISTA ESCOLAR 2017-2018
Enviado por admin o Mar, 06/26/2018 - 09:04CARREIRA: TODOS E TODAS A S. LÁZARO!
Enviado por admin o Sáb, 06/23/2018 - 09:54O mércores pasado, para rematar o curso, fomos ao estadio de San Lázaro, como todos os anos.
![]() |
![]() |
CONVOCATORIA DA REUNIÓN PARA O ALUMNADO DE 3 ANOS DE NOVA INCORPORACIÓN AO CENTRO
Enviado por admin o Ven, 06/22/2018 - 09:42A reunión do equipo docente cos pais/nais do alumnado de 3 anos de nova incorporación será o próximo mércores, día 27 ás 12:00 h na biblioteca do Centro. |
|
LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2018-19
Esta é o listado de libros para o próximo curso, 2018-19, para todos os niveis.
PUBLICACIÓN DA CONVOCATORIA DAS BECAS DE COMEDOR ESCOLAR, ADQUISICIÓN DE MATERIAL E ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES. Curso 2018-2019
Enviado por admin o Ven, 06/22/2018 - 08:53Prazo de solicitude: 15 días hábiles a partir do 21 de xuño.
FIN DE CURSO
Enviado por admin o Xov, 06/21/2018 - 16:28Desde o noso cole queremos desexar a toda a Comunidade educativa un feliz verán e sobre todo a nenas e nenos, que desfrutedes dos días de vacacións a tope!
Lembrade que podedes ver de novo as noticias e fotografías do ano nesta páxina web e nos blogs vinculados ao colexio:
http://bibliotecaceipfontinhas.blogspot.com/
https://hortosdasfontinhas.blogspot.com/
Colleita do horto en E. Infantil e visita da ilustradora Eva Agra
Lembrade pasar polo cole para ver as fotografías das nosas e nosos Rosalía de Castro e Manuel Murguía. Un traballo gráfico do departamento de Dinamización Lingüística e a biblioteca do centro.
Tamén podedes visitar a nosa Pita Poleira que recolle as palabras gañadoras do concurso.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »
