Skip to Content

SOLICITUDE RESERVA PRAZA NO IES PARA ALUMNADO 6º E. PRIMARIA

Estimadas familias do alumnado de 6º:    

Comunicámoslles que do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro, estará aberto o prazo para solicitar a reserva nos institutos adscritos ao noso colexio (IES Antonio Fraguas).  

A reserva de praza ten carácter vinculante. A existencia dunha solicitude de admisión presentada sen ter renunciado á praza reservada, poderá ser causa de perda do dereito a participar no procedemento.     

As familias poderán cumprimentar a solicitude de xeito manual (copia que se entregará a todo o alumnado) ou a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/) no menú: solicitudes-reserva-crear. Unha vez cuberta, deberase presentar no centro de orixe (CEIP das Fontiñas) ou  en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015 do procedemento administrativo común incluída a Sede Electrónica se teñen chave 365 ou certificado dixital.       

Se os/as alumnos/as van solicitar praza noutro centro non adscrito ao CEIP das Fontiñas, deberán facelo durante o período ordinario de admisión (normalmente entre o 1 e o 20 de marzo).
      
IMPORTANTE: A solicitude deberá estar asinada por calquera das persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras. Deberá constar o consentimento expreso da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora no anexo de comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar e consentimento (anexo I-bis)   

FORMULARIO RESERVA PRAZA ED550A-G

 

PROGRAMA CONCILIACIÓN ENTROIDO 2024

O Departamento de Educación do concello de Santiago ten previsto a realización dun
programa de conciliación laboral e familiar no período das vacacións de Entroido 2024
(días 12 13, 14 de febreiro de 2024). Este programa comprende un conxunto de
actividades, a desenvolver en instalacións do CEIP Quiroga Palacios e CEIP Monte dos
Postes, destinadas á poboación escolarizada en educación Infantil e Primaria do
municipio de Santiago.

FESTA NADAL 21 12 23 - A trabe D´Ouro

Álbum: 2023 2024 -> FESTA NADAL 21 12 23

FELICITACIÓN NADAL ALUMNADO 3º E. PRIMARIA

O alumnado de 3º de E. Primaria deséxanvos unhas BOAS FESTAS!
 
 

POSTAIS GAÑADORAS CONCURSO DE POSTAIS CEIP DAS FONTIÑAS 2023

O OUTONO QUE VEN OS MEUS OLLOS 2023

Despedimos o outono como se merece, con esta composición realizada coas vosas fotografías.

Agardamos que sexan do voso agrado e agradecemos a vosa colaboración.

 E. INFANTIL

 
 
1º CICLO E. PRIMARIA
 
 
2º CICLO E. PRIMARIA
 
 
3º CICLO E. PRIMARIA

NADAL 2023

Para estas datas do NADAL, a biblioteca ofrece lecturas no noso carriño.

No mural da entrada podedes deixar o título das vosas lecturas favoritas e con esta árbore de Nadal, feita de tela por mans artesáns, (para contribuír ao noso proxecto documental deste curso “feito a man”), queremos desexarvos con moito agarimo unhas FELICES FESTAS  a toda a comunidade educativa.

GUÍA DE NADAL: RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA ESTE NADAL

 

 

3 DE DECEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DAS DIVERSAS CAPACIDADES

 

No noso expositor atopamos recursos apropiados para compartir con todos e todas lecturas e imaxes que falan das diversas capacidades.

25 DE NOVEMBRO: DÍA DA NON VIOLENCIA CONTRA NENAS E MULLERES

Na nosa biblioteca realizáronse varias representacións do conto: “¿Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa?, por parte da mestra Raquel, durante as datas en torno ao 25N.

 

Novembro: mes da ciencia en galego nas bibliotecas

Novembro dedícase á ciencia en galego nas bibliotecas de Galicia. Desde a nosa biblioteca escollemos recursos para que poidades interesarvos pola ciencia na nosa lingua.

Atoparedes información e recursos no blog de Bibliotecas Escolares de Galicia.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut