A CAIXA DO TEMPO

Chegou unha data especial. O día no que pechamos a nosa caixa do tempo. Nela incluimos unha representación interesante dos traballos de nenas e nenos para recordar dentro doutros 25 anos.

A caixa contén vídeos, fotos, cartas, traballos escolares, un xornal do día e distintos obxectos que recordarán, dentro doutros 25 anos, como era o colexio.

Ditos recordos estarán tras unha placa conmemorativa nun lugar especial do noso centro.

DESPEDIDA DO ALUMNADO DE 6º

Onte, 20 de xuño, tivo lugar no recibidor do colexio un acto para pechar o programa de actividades do XXV aniversario. 

Desfrutamos das actuacións musicais do alumnado de 6º que, deste xeito se despiden de toda a comunidade educativa, da que formaron parte durante 9 preciosos anos da súa infancia. Moitas grazas a todos e todas!

Mencía e Carmen interpretaron con piano e voz a marabillosa canción Je vole. E un bo grupo de nenas e nenos, Si me voy.

SEGUIMOS COAS CELEBRACIÓNS!

 

Seguimos co programa de actividades do XXV Aniversario do noso colexio e, neste mes de xuño, o día 14,  celebramos a festa de fin de curso coa ANPA, con exposición de actividades extraescolares e a actuación musical de Xoán Curiel.

Ademais, estamos a repintar o precioso mural deseñado e realizado polo artista Paulo Porta co gallo do X aniversario do colexio. Nestas datas, como naquel momento, Paulo e un grupo de nais e pais, alumnado e profesorado están a colaborar para que o mural brile e destaque no barrio co seu marabilloso colorido.

 O día 19 a representación da obra de teatro "Tres capitáns de tempos idos", a cargo do alumnado de 5º A, e as actuacións musicais, danza e concertos, a cargo da Agrupación de música tradicional CANTIGAS E AGARIMOS (con case cen anos de traxectoria musical e cultural na nosa cidade) e a asociación ALFAIA, que nos deleitaron co seu bo facer.

 

 

Grazas a todas e todos por acompañarnos ao longo das sesións programadas!

VISITAS AO BARRIO POLO XXV ANIVERSARIO

 

 

Os alumnos e alumnas de 4º e 6º de primaria do noso colexio realizaron varias visitas e Entidades e Institucións públicas do barrio con motivo do XXV aniversario do mesmo e co gallo de coñecelo mellor. E, que mellor aprendizaxe que a toma de contacto directa con ditos espazos e servizos. Charlaron con profesionais, investigaron sobre a súa organización, etc.

Se queredes ver os vídeos podedes acceder a eles a través dos seguintes enlaces:

Noraboa a todos e todas!

 

POLICÍA AUTONÓMICA

 

METEOGALICIA

 

IES DAS FONTIÑAS

 

IES ANTÓN FRAGUAS

 

CRUZ VERMELLA

 

CENTRO SOCIOCULTURAL

 

CENTRO DE SAÚDE

23 de maio: Seguimos co programa do XXV ANIVERSARIO

Continuamos co noso programa da celebración do XXV aniversario. O pasado día 23 de maio visitáronnos o Coro de Padrón, dirixido por Santiago López, antiguo profesor do centro, e o grupo musical OS POTES cos que desfrutamos " a rabear".

Simultaneamente, no patio do colexio, nenas e nenos pintaron distintos xogos nas paredes e chan xunto cos seus nais e pais.

Moitas grazas a todos e todas!

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDAS PARA A ADQUISCIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2019-2020

O alumnado de educación primaria, educación secundaria e necesidades educativas poderá solicitar:

  • Participar no fondo solidario de libros de texto: alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria e de ESO.
  • Axudas para adquirir libros de texto: alumnado de 1º e 2º de educación primaria e de necesidades educativas.
  • Axudas para adquirir material escolar: alumnado de educación primaria, ESO e necesidades educativas.

Prazo de presentación de solitudes: do 21 de maio ao 21 de xuño.

Orde do 3 de maio.

Anexos I e II

Nota familias

 

EN COMPAÑÍA DE XERARDO ESTÉVEZ

Seguindo coa axenda de actividades programadas polo profesorado e a ANPA  para conmemorar o XXV aniversario do noso colexio, tivemos a honra de recibir esta máña a D. Xerardo Estévez, que conversou cun bo número de nenas e nenos sobre a evolución da cidade de Santiago, como xoia do noso patrimonio, e sobre a construcción do barrio das Fontiñas.

Intentou sobre todo, concienciar ao alumnado da importancia de conservar o patrimonio e de facelo ben para que poidamos estar orgullosos do que temos.

Moitas grazas por todo!

 

XXV ANIVERSARIO

Seguimos coas actividades de celebración do XXV aniversario do colexio que comezaron o día 8 de abril coa actuación do grupo Tacón Gitano. Trátase dunha serie de actividades abertas a toda a comunidade educativa coa colaboración entre o Centro escolar e a ANPA e as familias.

O pasado martes, 30 de abril tivemos a gran sorte de desfrutar da música de dous estupendos grupos, Brassica Rappa e De Ninghures.

 

E... seguiremos coa festa en próximas datas ata fin de curso!!

Consultade o programa e animádevos a participar!

 

Distribuir contido