Calendarios

CALENDARIO 2017 C.E.I.P. PLURILINGÜE DA ESPIÑEIRA-ALDÁN

Xa temos o calendario do noso centro para o novo ano 2017

 

 

Moitísimas grazas pola vosa colaboración!!!!!!!

Agardamos que vos guste!

CALENDARIO 2017 CEIP PLURILINGÜE DA ESPIÑEIRA-ALDÁN

Desde hai moitos anos vimos realizando o noso calendario e queremos continuar. Como o ano 2017 vai dedicarse a CARLOS CASARES, queremos poñer algúns anaquiños de obras del.

 

Aquí podedes ver algúns destes anos pasados.

 


almanaque 2016calendario 2014

CALENDARIO CEIP ESPIÑEIRA 2015

Respondendo á vosa petición

Aquí está o noso calendario para o novo ano 2015 acorde co proxecto deste curso "UNHA VIAXE POLO TEMPO" . Agardamos que vos guste e que vos poida ser de utilidade. As coplas son anacos da Historia da Lingua de Darío Xoán Cabana. Podedes acceder á historia completa en http://diadasletrasgalegas.galiciadigital.com/romance  e escoitala premendo aquí

calendario Espiñeira 2015

CALENDARIO 2014: CONCURSO PARA ILUSTRALO

calendario

Desde hai moitos anos vimos realizando o noso calendario e queremos continuar. Solicitamos axuda para as ilustracións. Aquí podedes ver dous destes anos pasados. Poden participar todos os membros da nosa comunidade educativa: profesorado, alumnado, persoal non docente, xunto cos seus familiares: irmáns, irmás, nais, pais, avoas, avós, tíos, tías, curmás, curmáns...

As coplas serían :  Só depende d@s galeg@s,/ que esta lingua siga viva/ Axudamos se falamos/ con amor e alegría. E a de Rosalía de Castro: Que así mo pediron,/ que así mo mandaron,/ que cante, que cante,/ na lingua que eu falo.

O prazo para a entrega rematará o martes día 26 de novembro. O calendario gañador distribuirase entre todos os membros da nosa comunidade educativa e intercambiarase tamén con centros da zona.

Moi agradecidos.

 


XA TEMOS O NOSO CALENDARIO 2014! MOITÍSIMAS GRAZAS A TODAS AS PERSOAS QUE COLABORARON!{#emotions_dlg.smile}

 

 

    COS NOSOS MELLORES DESEXOS, QUE PASEDES MOI BOAS FESTAS E UN FELIZ ANO 2014!

CALENDARIO 2013 - C.E.I.P. DA ESPIÑEIRA-ALDÁN

Como nos comunican que o calendario do noso centro para este ano 2013 non lles chegou a varias persoas que tiñan interese en telo, podedes agora imprimilo desde aquí. Queda mellor se o facedes en cartolina ou papel groso e non se caerá doadamente se o dobrades pola metade, engadíndolle debaixo unha pequena base do mesmo material que podedes pegar ás dúas caras do calendario.

 

calendario

Cada nivel escolleu unha palabra que lle gustou da lista das máis votadas como palabras fermosas pola nosa comunidade http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipespinheiraaldan/node/458. A partir dela compuxeron, ás veces individualmente, ás veces en grupo, ás imaxes correspondentes en distintos materiais, usando desde teas de cores ou plastilina, ata madeiras, papeis brillantes, acuarelas, rotuladores...
Quedamos á vosa disposición.
Que vos poida servir de proveito e feliz ano!!!

PARA OS QUE QUEREN IMPRIMILO

A petición de varias persoas que solicitaron este arquivo porque querían imprimir o noso calendario 2012, coa copla escollida este ano para non esquecernos da nosa lingua galega, aí vai                               

 

Distribuir contido

Observa-acción 2018-2019

FOMOS PREMIADOS NO "CONCURSO DE TRABALLO POR PROXECTOS"

Galardonados co premio LIA

Eventos

« Decembro 2019 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031

Proxceto de Historia: Unha viaxe polo tempo

      

Novo Proxecto Educativo