Os mellores chistes

CONCURSO DE CHISTES E CONTOS CURTOS CON HUMOR

 

Non ensinar o galego, senón falar en galego:
ese é o gran labor de toda a sociedade

Xaquín Lorenzo, Xocas

 

No noso proxecto, "Ao galego cantando con alegría e bo humor", recollemos por primeira vez esta actividade que pretende, como un dos obxectivos principais, fomentar a oralidade e, á vez, contribuír a asociar a nosa lingua con actividades ledas da vida diaria.

Así, estamos recollendo chistes curtos que intentan facernos sorrir ou rir, alá cadaquén, cando os lemos. Logo podemos contalos, mellorando a nosa capacidade de expresión oral e pasándoo ben.

Podemos entregalos por escrito ao profesorado do centro ou engadilos onde pon comentarios como xa fixeron moitas persoas.

Primeiro facede un "clic" sobre esta imaxe para ver todos os títulos dos chistes. Deseguida, xa podedes pulsar sobre os tres que máis vos gusten e así, segundo o número  de votos, van aumentando de tamaño. Só se poden engadir tres votos cada 24 horas e, como canta máis participación mellor, solicitamos a cooperación do maior número de persoas distintas do voso fogar, da vosa familia, traballo, amizades...

Podedes pulsar en comentarios, ao final desta actividade á dereita, e comunicar connosco poñendo por exemplo, "Para min ( tal chiste) é moi bo e quería incluílo", contádelo... e daquela, se varias persoas están de acordo, intentaremos engadilo en canto poidamos.

Á vosa completa disposición e encantados de poder axudar en todo canto estea na nosa man, aclarar dúbidas... e se vedes algo que se poida mellorar... comentádenolo, por favor.

Moitas grazas pola vosa participación.

Algúns, ademais, teñen relación coa fala, collen máis sentido cando os contamos e non poden traducirse doadamente:


1.   "UN MOSQUITO NO...VIÑO" 

O outro día estaba eu nun bar e escoitei a un señor:
- Oia, camareiro!  Tróuxome un mosquito "no viño"!

 E o camareiro respondeulle:
- Perdoe señor, pero é que hoxe non lle temos mosquitos "velliños"!      

 

 

 2.   "RINOCERAYER" 

Este era un home tan fino, tan fino, que en vez de dicir "rinoceronte", sempre dicía "rinocerayer".       


3.  "HAI   CEN...TOLAS"

Dúas mozas pasan diante dun restaurante e len un letreiro que anuncia " AQUÍ HAI CENTOLAS".
Nisto unha mira para a outra e dille:
- Non oh, contigo xa hai cento unha!     


 
4.  "NEURÉTICO E QUE TOME UN DIURÓTICO"  

Chega un home á casa dunha visita médica e a súa dona dille:
-
 
  Pódese saber que che dixo o médico?
-  Que ando un pouco neurético e que tome un diurótico.     
 


5.   "O XAMÓN ENFERMO" 

Unha nai dálle ao seu fillo un bocadillo de xamón e o rapaz di:
-  Non, mamá, iso non o como que o xamón está enfermo!
-  Vaiche Boa, Vilaboa! Estache de marabilla. Pero, por que dis iso?
-  Non, non! Que lle oín dicir antes á avoa que aínda non che estaba ben curado!      
 

 

Tamén agradeceriamos moito contos coma este de Heraclio Pérez Placer:

6.  "ASNO... ASNO... ASNO... ÁSNOVE E MEDIA" 

Había unha vez dous mozos, un que se cría moi listo e outro que non che era moi espelido, e o primeiro aproveitaba para burlarse sempre del. Así, cando pasaba a rentes do que era pouco esperto dicíalle:
-  Can... can... can... cando viñeches?

E había xente que se ría moito, pero unha boa persoa explicoulle que se rían porque lle estaba chamando "can".
-   E que podo facer? - preguntou.
-   Pois cando pase onda ti  e volva dicirche iso, vaslle responder estoutro.

Meu dito, meu feito.  Ao pouco tempo, aí veu o "listo"  con varios amigos rindo polo baixo e ao pasar á beira do outro, coma sempre, chantoulle:
-   Can... can... can... cando viñeches?
E o "parvo" espetoulle:

-   Asno... asno... asno... ás nove e media.


-   Ala, chámalle parvo!
- dixo un home maior que escoitou a conversa.

-   Chámalle burro ao cabalo! - escoitaron a unha muller que pasaba por alí.


E así foi como o "listo" marchou co rabo entre as pernas. E nunca mellor dito porque lle chamara "asno", cousa que ninguén  agardaba nin moito menos, dese ao que el, e moitos coma el, chamaban "burro".

E así nunca máis se volveron burlar del.      

 

 

7.  "ABOIAN AS MACHADAS?"

Embarquei por primeira vez, con tal mala sorte que fun saltar encima dunha machada, que saltou para o mar. Moi atordado e asustado, calei o conto, por medo á gran reprimenda do novato.

Entón, ao segundo día, a machada fixo falta e todos a preguntar quen vira esa ferramenta, e ninguén sabia dela. Eu non sabia que facer e nisto o meu avó, que ía na proa do barco, berrou: "Para máquina, para máquina, que vai unha machada aboiada". Eu rezumei ledicia e dun chimpo, asomeime á borda, para gritar: "É a nosa, é a nosa ..."

ENSINANZA? Sempre é conveniente asumir os erros e dicir a verdade, xa que ao longo do tempo todo se acaba sabendo.

Dende cando aboian as machadas?


  
 

8.   "UN HOME TAN LENTO... TAN LENTO... "

Era un home tan lento... tan lento... tan lento..., que correu nunha carreira el só e quedou o segundo.

 


9.  "É O SOL OU É A LÚA?"

Estaban dous veciños de Aldán mirando ao ceo e discutindo:

- Dígoche que aquilo é o sol.

- Que non!, que é a lúa.

Nisto que pasaba unha persoa, parárona e preguntáronlle:

- Desculpe, estamos aquí discutindo se aquilo é o sol ou a lúa, vostede que di?

- Síntollo moito, pero non son de aquí.

 

10.   "QUE LLE DI A CEBOLA Á COCIÑEIRA?"

- Que lle di unha cebola á cociñeira?

- Es tan hipócrita, que despois de cortarme, aínda por riba choras!!!

 

11.  "PARVO, NINGUÉN E NINGÚN"

Estes eran tres irmáns chamados Parvo, Ninguén e Ningún.

Un día Ninguén caeu ao río e o seu irmán chamou á policía:

- Policía, policía! Ninguén caeu ao río e Ningún estao axudando!!!

- VOSTEDE É PARVO?

- Si, moito gusto.

 

12.   "POR DEITARTE CON TANTA XENTE"

Eran dous borrachos que ían durmir, un nunha liteira e o outro na liteira de arriba. O de arriba ponse a rezar:

- Voume ir á cama con Xesús, María, o Espírito Santo...

De súpeto cáese a liteira encima do outro borracho que lle di:

- Isto pasa por deitarte con tanta xente!!!!!!

 

13.   "POR QUE OS LOUCOS VAN DE GATIÑAS...?"

- Por que os loucos van de gatiñas polo centro comercial?

- Para buscar prezos baixos.

 

14.    "UN VOLCÁN CHAMA Á SÚA NAI..."

Era unha vez un volcán que había pouco que nacera, estaba empezando a falar e chamaba á súa nai:

-Magmá, magmá!!!!

 

15.   "XAIMIÑO E OS BARCOS DE COLÓN"

Está Xaimiño na clase, mirando pola fiestra, e a profe pregúntalle:

- Poderías dicirme dous dos nomes dos barcos de Colón.

E Xaimiño, que estaba mirando o camiño pola ventá, dixo:

- Santa María!!! Vaia pinta que leva a nena!

- Moi ben, moi ben - felicitouno a profe.

 

16.   "VENRES, É CON B OU CON V"

Estaba o alcalde co secretario no concello, e díxolle:

- Pon unha reunión para o venres.

E o secretario preguntoulle:

- Venres con que se escribe, con v ou con b?

Entón o alcalde estivo pensando un anaco e díxolle:

- Pona logo para o martes, que vale igual.

 

17.   "UN QUE SE VESTÍA TAN MAL... TAN MAL..."

Era un home que se vestía tan mal, pero tan mal, que lle chamaban a caixa forte.

- Por que?

- Porque non había quen lle atopase a combinación.

 

18.   "UN VAMPIRO CON POUCA VISTA"

Un vampiro atópase con outro, que leva a boca chea de sangue, e dille:

-¡OES!! ¿Onde conseguiches todo ese rico sangue fresco???

-Boh !!  Ves aquel muro de cemento de alí?

-Si

-Pois eu, non o vin!!!!!!!!

 

19.   "A NAI DE SUPERMÁN"

Estou cansada de coser botóns!!!

Asinado: A nai de Supermán.

 

20.   "A ÚLTIMA FRASE"

Nunca esquecerei a última frase

do meu pai:

-Luís... non movas o andaaamioooooooooooo!!!!!!!!!!!!!!!!

 

21.   "É O PRIMEIRO FILLO?"

O recepcionista dun hospital colle o teléfono e escoita:

- A miña muller vai dar a luz, a miña muller vai dar a luz!

El pregunta:

- É o seu primeiro fillo?

e ...

- Non, non, son o seu home.

 

22.    "NA CONSULTA DO DOUTOR"

Paciente:    - Doutor, doutor, estou seguro de que teño o mal de Sorensen.

Doutor:  - Como está tan seguro se esa enfermidade non dá ningún malestar?

Paciente:    - Porque eses son precisamente os meus síntomas, non me doe nada!

 

23.     "SERÍA O NOSO PRESIDENTE!"

O presidente dos EEUU, acompañado da súa dona, paran nunha gasolineira e ela di:

- Ese home, o que nos está botando a gasolina, foi o meu noivo no último ano da escola primaria.

E o presidente contéstalle:

- Dáste conta do afortunada que es! Se seguises con el, hoxe serías a muller dun simple obreiro.

Ao que ela responde:

- Non cariño, non. Se seguise e casase con el, hoxe el sería o noso Presidente!!! Sen dúbida ningunha!

 

24.    "XA ATUREI MOITO DA MIÑA MULLER!"

A policía está interrogando a un ladrón que acaban de prender.

- Explíqueme por que roubou todas as xoias da casa e deixou un millón de euros que estaban alí ao lado.

Ao que o ladrón berra desesperado:

- Pero vostedes tamén???  Déixenme en paz!!! Non aguanto máis, xa aturei moitísimo da miña muller!!!

 

25.    "OS EMPREGADOS SON MÁIS DIFÍCILES DE ATOPAR QUE OS ENFERMOS!"

Estamos nun hospital, na sala de xuntanzas dos médicos onde están poñendo un cartel enorme:

"TRATADE MOI BEN AOS EMPREGADOS PORQUE SON MOITO MÁIS DIFÍCILES DE ATOPAR QUE OS ENFERMOS"


26.   "UN TAN, TAN, TAN, TAN... PERO TAN, TAN, TAN... QUE O CHAMABAN CAMPÁ"

"Unha vez era un tan, tan, tan, tan, tan, tan, tan, tan, pero tan, tan, tan; que o chamaban campá."


27.   "A ENFERMIDADE QUE TEN XA A COÑECEREMOS NA AUTOPSIA"

Un doutor intenta consolar ao seu paciente que está moi grave:

A verdade é que non damos coa enfermidade que ten, pero non se preocupe. No peor dos casos, seguro que a coñecemos na autopsia.

 

28.    "CAMAREIRO, QUE TEÑEN DE ENTRADA?" 

 

"-Camareiro, que teñen de entrada?

  -Pois unha porta de vidro, señora."

 

29.  "CON ESES PREZOS MELLOR QUE CALE, NON?

Un xuíz dicta sentenza:

-Condenado a unha multa de mil euros por insultos graves á autoridade. Ten algo que dicir?

-Pois si, señoría. Pero con eses prezos mellor que cale, non?

 

30.   "MAMÁ, PICOUME UNHA SERPE"

"-Mamá, mamá, picoume unha serpe.

 -Cobra, fillo?
 -Non mamá, gratis."

 

31.   "PRENDAN AO CAPITÁN FIGUEIRAS, CO MAIOR SIXILO!"

Nun posto de mando militar reciben a seguinte orde:

-Prendan ao Capitán Figueiras, co maior sixilo!".

Ás dúas horas responden:

-Capitán Figueiras preso. Non atopamos ao Maior Sixilo, pero seguimos buscándoo.

 

32.  "POR QUE SE SUICIDOU O LIBRO DE MATE?"

"Por que se suicidou o libro de matemáticas? Porque tiña moitos problemas."

 

33.   "CAL É O COLMO DUN BOXEADOR?"

"-Cal é o colmo dun boxeador?

-Caer dun décimo piso e esquivar o golpe."

 

34.   "-ONDE VAS PERELLO?      -E TI?"

Cando din que cando ves un galego nunha escada nunca sabes se sube ou baixa, vese ben reflectido ao atoparse Xan e mais Perello.
Pregunta Xan:
-Onde vas Perello?
Resposta Perello:
-E ti?

35.    "MAMÁ, TRAGUEI A AGULLA DO TOCADISCOS..."
"-Mamá, mamá, traguei a agulla do tocadiscos, iscos, iscos, iscos, iscos, iscos..."

36.   "... DOUS E CAEU O DO MEDIO"
Eran dous e caeuse o do medio.

37.   "ONDE CASAN OS FALCÓNS?"

En Bos Aires.

Onde senón?


38.   "PERO NÓS IMOS CON DEUS"
 Van dúas monxas nunha moto e páraas un policía.

-Por aquí morre moita xente -di o policía.Canso

-Pero nós imos con Deus -din as monxas.Inocente

-Entón multa por ir tres nunha moto.Guay

39.   "ONDE ESTÁ O TERCEIRO PORTAAVIÓNS?"

Estabamos de manobras e preguntou o almirante:

"-Deberiamos ser tres portaavións, non? Eu non vexo máis ca dous. Quen me vai dicir onde está o terceiro?"

Non sabiamos como explicarllo, pero despois da mirada que me botou, tiven que dicir con moito coidado:
"-Verá, señor almirante..." -e deume un ataque de tose.
"-Pero que pasa?"
"-Vai vostede nel." 

Distribuir contido

Espiñeira nas ondas

Observa-acción 2018-2019/2019-2020

FOMOS PREMIADOS NO "CONCURSO DE TRABALLO POR PROXECTOS"

Galardonados co premio LIA

Eventos

« Septembro 2020 »
LunMarMérXovVenSábDom
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930

Proxceto de Historia: Unha viaxe polo tempo

      

Novo Proxecto Educativo