Letras Galegas
DÍA E MES DAS LETRAS GALEGAS.
Hoxe, 17 de maio do 2020, celebramos o día das Letras Galegas nunhas circunstancias totalmente inesperadas. Este ano o homenaxeado é Ricardo Carvalho Calero e por iso queremos compartir novos recursos que nos permitan coñecer máis acerca deste traballador incansable, a pesar das circunstancias, profesor, escritor de destacadas obras en todos os xéneros: poesía, narrativa, teatro, ensaio... Para pasalo ben e aprender xogando, por favor, pica na imaxe!!
LETRAS GALEGAS 2020: RICARDO CARVALHO CALERO
LETRAS GALEGAS: RICARDO CARVALHO CALERO
LETRAS GALEGAS 2020: Ricardo Carvalho Calero
ESTE ANO 2020 HOMENAXEAMOS A DON RICARDO CARVALHO CALERO
Aquí iremos subindo distintos recursos que poidamos aproveitar, sobre a figura deste autor. Se coñededes algún máis, agradeceremos moitísimo que nolo comuniquedes do xeito que queirades, por exemplo, mediante unha mensaxe ao correo electrónico edlgespinheira.aldan@gmail.com
ENLACES:
LIÑA DO TEMPO
https://www.sutori.com/story/ricardo-carvalho-calero--CpYg8cV6Twxt5cHcuuoaF1M2
UNIDADE DIDÁCTICA
NOTICIAS
CARLOS CASARES
PULSANDO SOBRE ESTAS IMAXES E ENLACES, PODEDES ATOPAR MOITA INFORMACIÓN E XOGOS PARA APRENDER SOBRE CARLOS CASARES, AUTOR HOMENAXEADO ESTE ANO.
https://www.youtube.com/watch?v=zvJWLocYMz4
MANUEL MARÍA 2016
Aquí van novos enlaces que nos poden axudar moito a saber máis e darnos novas ideas para homenaxear ao noso autor deste ano 2016: MANUEL MARÍA
Facendo clic enriba desta imaxe lévavos a outra igual, pero se premedes nos cadradiños desa nova que se abriu descubriredes todo un mundo...
Por favor, botade unha ollada e seguro que atopades actividades interesantes. Moitísimas grazas.
E aquí van dúas cancións "O cuco" e "Galicia" con texto de Manuel María:
Pulsando no cuco, podedes ver un vídeo coa letra desta preciosa cantiga. A VER QUEN É CAPAZ DE APRENDELAS! Quen as saiba ten dereito a un agasallo!
Galicia
Galicia docemente
está ollando o mar:
ten vales e montañas
e terras para labrar!
Ten portos, mariñeiros,
cidades e labregos
cargados de traballos,
cargados de trafegos!
Galicia é unha nai
velliña, soñadora:
na voz da gaita rise,
na voz da gaita chora!
Galicia é o que vemos:
a terra, o mar, o vento...
¡Pero hai outra Galicia
que vai no sentimento!
Galicia somos nós:
a xente e maila fala
¡Se buscas a Galicia
en ti tes que atopala!
Tamén podedes poñer no buscador “manuel maria fernandez teixeiro” e atoparedes moreas de páxinas web, vídeos, imaxes, libros... que vos poden enriquecer moito cultural,persoalmente...
http://coordinadoraendl.org/letras2016/index.html
http://www.casamuseomanuelmaria.gal/estaticas/18.htm
http://academia.gal/letras-actual
http://primaveradasletras.gal/recursos-na-rede-sobre-manuel-maria/
http://sondepoetas.blogspot.com.es/search/label/Manuel%20Mar%C3%ADa
http://seminariogalan.org/inicio/portada/actividades/
365diasparamanuelm.blogspot.com.es
http://www.aelg.org/centro-documentacion/autores-as/manuel-maria/unidades-didacticas
https://gl.wikipedia.org/wiki/Manuel_Mar%C3%ADa
PULSADE NALGÚN DOS SUBAPARTADOS QUE SE ACABAN DE ABRIR
Para ver as distintas entradas publicadas, fixádevos que se acaban de abrir subapartados deste, aí mesmo onde acabades de pulsar, na marxe dereita desta páxina web, e premendo enriba dun deles ides ás distintas actividades que podedes ver, comentar...
Moi agradecidos por calquera opinión, suxestión, crítica construtiva...
