Publicacións

PULSADE NALGÚN DOS SUBAPARTADOS QUE SE ACABAN DE ABRIR

Para ver as nosas publicacións, fixádevos que se acaban de abrir varios subapartados deste (REVISTA ESCOLAR, CERTAMES DE CONTOS, CANCIONEIROS), aí mesmo onde acabades de pulsar, na marxe dereita desta páxina web, e premendo enriba de calquera deles ides ás nosas distintas actividades que podedes ver, comentar...

Moi agradecidos por calquera opinión, suxestión, crítica construtiva...

GUÍAS DE LECTURA E MÚSICA 2017-18

Aquí están as novas GUÍAS DE LECTURA E MÚSICA 2017-18. Coma estes últimos anos, un grupo de profesionais do ensino xuntáronse para realizalas escollendo, entre as publicacións dos últimos doce meses ou reedicións, as que consideraron recomendables para cada idade ou nivel de estudos.

NESTAS FESTAS REGALA TAMÉN CULTURA

E que vos aproveite!

 

GUÍA INFANTIL

 

 

 

 

GUÍA PRIMARIA

 

 

 

 

GUÍA SECUNDARIA

 

 

SAHARA.PAZ. PALABRAS DE CARAMELO.

Aquí tedes unha presentación sobre o Sahara no século XX e na actualidade, axudándonos da lectura previa de "Palabras de Caramelo", Gonzalo Moure; Fernando Martín Godoy (il.), edicións Xerais.(Lembrade: se non dá tempo a ler, podedes parar o vídeo o tempo necesario). Moitísimas grazas a Beatriz Bruna, Milagros Lemos e a todas as demais persoas que colaboraron neste labor.  Música: " Kul Enhar U Kul Leila"  interpretada por Ghadur.

 

 

BUSCANDO ATOPAMOS MOITO E INTERESANTE

 
 COORDINADORA DE ENDLS. E REVISTA PARA AS FAMILIAS
 Hai moitas actividades e informacións moi variadas, desde xogos ata música, que se actualizan continuamente en http://www.coordinadoraendl.org/entrada.php 
 
REVISTAS MENSUAIS DE INTERESE PARA TODA PERSOA,  FAMILIAS... en   http://www.coordinadoraendl.org/entrada.php?paxina=ollosdeaula/ollosdeaula.html
Aquí está o primeiro número, pero podedes ver todos no enlace anterior.

Revista para as familias "OLLOS DE AULA" Nº1

Podedes ver todas estas revistas, que son moi interesantes pulsando en   http://www.coordinadoraendl.org/limiar.php?pax=ollosdeaula/ollosdeaula.html

 Este é só un exemplo:

 

REVISTA DA FEDERACIÓN DE ANPAS

REVISTA COMUNIDADE

Queremos traer aquí a revista da Federación de ANPAS "A GAMELIÑA", que ten por nome "COMUNIDADE" http://comunidaderevista.blogspot.com.es/ Premendo no enlace, podedes facer clic para ollar os seus apartados. En "Hemeroteca" podedes acceder aos números editados, que conteñen moitas informacións moi variadas e interesantes ...


Se queredes ver e participar, escoitar cantigas, ler chistes, comentar... algunhas das nosas colaboracións, só tedes que premer na pestana que pon "EDLG Espiñeira"  http://comunidaderevista.blogspot.com.es/search/label/EDLG%20Espi%C3%B1eira
Agradeceremos moitísimo calquera opinión, suxestión, crítica construtiva... escribíndoa ao final da actividade no lugar dos COMENTARIOS.

Distribuir contido

Observa-acción 2018-2019

FOMOS PREMIADOS NO "CONCURSO DE TRABALLO POR PROXECTOS"

Galardonados co premio LIA

Eventos

« Outubro 2019 »
LunMarMérXovVenSábDom
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Proxceto de Historia: Unha viaxe polo tempo

      

Novo Proxecto Educativo