LISTAXE DE MATERIAL ESCOLAR

AXUDAS AO COMEDOR ESCOLAR

Ábrese o periodo de presentación de solicitudes das AXUDAS AO COMEDOR ESCOLAR para o curso 2024_25 do 2 de xullo ao 2 de agosto (ámbolos dous incluídos).

BASES REGULADORES E SOLICITUDE. Prema AQUÍ

Para máis información poden dirixirse ao Centro Municipal de Benestar Social, Rúa Andalucía 3 baixo, ou ao correo electrónico benestarsocial@cangas.gal

En Espiñeira... A todo ghas!

Este ano participamos na convocatoria para proxectos de innovación en dinamización da lingua galega co proxecto "En Espiñeira... A todo ghas!"

O que pretendemos con el é divulgar a música galega tradicional e achegar a cultura e lingua galega a toda a nosa contorna. Para isto adaptamos diferentes pezas con textos creados polo alumnado para festexar diferentes conmemoracións coma o Entroido, o Día da muller, o Día polo Clima... Posteriormente fixemos unha escolma destas e dalgunhas orixinais, na que as nenas e os nenos son os protagonistas, contando ademais coa colaboración de diferentes familiares e asociacións da contorna.

Aquí temos o resultado, agardamos que vos guste tanto coma a nós!

AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2024/25

Enlace a Orde no Diario Oficial de Galicia

Destinatarios

Alumnado de Primaria

Prazo

Do 21 de maio ao 21 de xuño de 2024

Contía da axuda

-Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 75 €

-Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 60 €

Documentación

-Solicitude ED330B-anexos I e II

-Fotocopia do libro de familia

-En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

Onde presentar a solicitude

-Na secretaría do centro, de luns a venres de 9:30h. a 14:30h.

-"Fondolibros": cubra os datos nesta aplicación, imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo 

-Sede Electrónica

Tanto para a sede electrónica ou o aplicativo "Fondolibros" deberán usar a Chave 365 ou Certificado Dixital 

 

                                                                                                                                                                                                                                            

    

 

ADMISIÓN NOVO ALUMNADO (2024-25)

                                                                                                         

Comeza o proceso de admisión de alumnado en centros escolares sostidos con fondos autonómicos para o curso 2023/24, regulado pola Orde de 21 de outubro de 2022 e co seguinte calendario:

  • Do 1 ao 20 de marzo de 2024: prazo de solicitude de admisión para o alumnado que se incorpora por vez primeira ao sistema educativo galego ou para os que cambian de centro de maneira voluntaria.
  • 25 de abril de 2024: publicación da listaxe provisional de admitidos. Cinco días hábiles para formular reclamacións a partir do día seguinte da súa publicación. 
  • 15 de maio de 2024: publicación da listaxe definitiva de admitidos.
  • Do 20 ao 28 de xuño de 2024: unha vez admitido, prazo de formalización de matrícula.

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

En marzo comeza o proceso de admisión ordinaria nos centros educativos polo que se queredes vir a coñecernos teremos varios días de XORNADAS DE PORTAS ABERTAS no noso colexio. As datas serán as seguintes:

- Martes 20 de febreiro ás 17 horas

- Martes 27 de febreiro ás 17 horas.

- Martes 5 de marzo ás 18 horas.

Agradecemos que reservedes CITA PREVIA nos teléfonos:

886110187 (dirección)

886110186 (secretaría)

Ou ben na WEB: ceip.espinheira.aldan@edu.xunta.gal

CLUB DE LECTURA COA ASOCIACIÓN JUAN XXIII

Neste día queremos compartir con toda a comunidade educativa do CEIPP da Espiñeira Aldán o proxecto que levamos cabo ao longo do trimestre anterior coa asociación Juan XXIII.

Esta asociación popúxonos compartir un CLUB DE LECTURA entre parte do noso alumnado e dos seus usuarios e usuarias.

Nun primeiro encontro xuntámonos con Carmen, Dani H, Jacinta, Silvia, Pili, María e Moisés no Club de Lectura terapéutico para que eles e elas nos amosaran unha serie de libros,  achegando algúns coñecementos que xa tiñan desas obras literarias para axudarnos na elección. 

Outro día contamos con Alejandra, David, Andrea, Juan Lestayo, Miguel Rocha, Pepe e Rosa no Club de Lectura fácil.

Foi así como escollemos “Así é a vida” para 1º ciclo e “A chamada do salvaxe” para o 2º ciclo de primaria. Démonos un tempo para ler…, e mentres tanto os/as compañeiros/as Mina, Ana, Eva, Jacobo e Benja, co seu  grupo de Mediación Comunicativa, volveron ao colexio para contarlles cun Teatro de sombras o conto “Xa está aquí lobo” aos máis pequenos e pequenas da escola. Unha marabilla!

Finalmente, tas ler os libros elaboramos coa axuda de Irene, nai do colexio, unha chea de actividades de dinamización lectora sobre os mesmos. As usuarias e usuarios de Juan XXIII volveron visitarnos para compartir opinións sobre as lecturas e para desfrutar xuntos dun montón de xogos. 

Foi unha experiencia fantástica que plasmamos neste vídeo. Agardamos que vos guste!!!

                                                                             

 


 

RESERVA DE PRAZA NO IES Mª SOLIÑO

O vindeiro xoves 25 de xaneiro ás 9:30 terá lugar na biblioteca do centro unha charla para o alumnado de 6º de primaria e as súas familias sobre o proceso de reserva de praza para o vindeiro curso.

Ábrese o prazo para realizar a Reserva de Praza no IES María Soliño (centro adscrito):

Alumnado ao que vai dirixido: 

6º curso de Educación Primaria

Prazo de presentación: 

Do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro

Documentación:

Cubrir o formulario ED550A de xeito manual ou a través da aplicación admisión alumnado

Presentación: 

  • Na secretaría do noso centro 
  • Na sede electrónica para o que se precisará a chave 365 ou certificado dixital

PROGRAMACIÓN ANUAL DE ACTIVIDADES

Presentamos a programación anual de actividades con propostas levadas a cabo polo centro e outras organizadas pola AFA ( Asociación de familias de Espiñeira). Nalgúns casos poderá haber algunha modificación, da que xa avisaremos no seu momento.

Hecho con Padlet
Distribuir contido

Back to top