O noso blogue "O cantil das palabras"

GUÍAS DE LECTURA E MÚSICA 2018-19

AQUÍ ESTÁN AS NOVAS GUÍAS DE LECTURA E MÚSICA 2018-19

Estas guías de lectura e música coas novidades e algunha reedición, que non estaba nas guías do curso pasado, están elaboradas por profesorado das distintas etapas, para informar das publicacións, desde outubro 2017 a outubro 2018, aproximadamente. Cremos que conteñen boas ideas para agasallar en calquera época do ano, xa sexa nadal, día do libro ou da música, aniversarios...

AGRADECEMOS MOITÍSIMO QUE COMPARTADES OU DIFUNDADES ESTAS GUÍAS DE CALQUERA XEITO, TODO O QUE POIDADES.
Están adaptadas ás diferentes idades (infantil, primaria, secundaria e familias-adultos), para que poidades acertar máis cos agasallos.
 

 

 

ESTE APARTADO QUE PON FAMILIAS, SON LECTURAS PARA PERSOAS ADULTAS OU OUTRAS QUE LLES GUSTE LER

Día das Bibliotecas

Celebramos o día das Bibliotecas. Pincha aquí para ver as fotos

CARLOS CASARES

PULSANDO SOBRE ESTAS IMAXES E ENLACES, PODEDES ATOPAR MOITA INFORMACIÓN E XOGOS PARA APRENDER SOBRE CARLOS CASARES, AUTOR HOMENAXEADO ESTE ANO.

 

 

SEMINARIO GALAN

 

 

https://www.youtube.com/watch?v=zvJWLocYMz4

 


 

FUNDACIÓN

a galiña azul

 

 

 

 

AS PALABRAS MÁIS FERMOSAS

 

As palabras máis elixidas durante os catro primeiros meses deste curso foron:

 

Outras verbas que tamén recibiron varios votos foron:

Se che custa traballo ler estas últimas palabras pulsa sobre a imaxe e veralas máis grandes.

 

Por fin, parece que desta vai! A ver se é certo! A nosa intención era, e segue sendo, que estea dispoñible un sistema de votación sinxelo e doado para que poidamos continuar escollendo, coa axuda do maior número de persoas de calquera lugar que queiran votar a través desta páxina,  as parolas máis belidas, máis lindas do galego.

O que estivemos buscando é que, ao recibir máis votos, esa palabra fose aumentando de tamaño, e así tamén poderemos comprobar como van evolucionado as votacións, despois de que as persoas da nosa comunidade educativa, xunto con moitos familiares, amizades, veciños... xa elixisen as que consideraban máis fermosas, como se pode ver nas dúas "nubes de palabras" de máis arriba.

Nestas últimas semanas ademais fomos recollendo e sumando todos os votos recibidos por cada vocábulo que moi distintas persoas, xa fosen compañeiras de profesión, amizades, membros dos EDLGs...,  nos fixestes chegar de diferentes xeitos, tanto en enquisas por escrito, noutras que completastes con termos que enviastes aos nosos distintos enderezos de correo electrónico, en comentarios nos dous apartados do EDLG da nosa páxina web... Todas estas palabras fóronse incluíndo na seguinte relación segundo os votos que recibiron. Como podedes ver a continuación, así está, polo de agora, pero cambia continuamente cada vez que algunha persoa sinala unha parola e pulsa nela. 

 

 

Primeiro facede un "clic" sobre esta imaxe para ver todas as palabras. Deseguida, xa podedes pulsar sobre as tres verbas que máis vos gusten e así, segundo o número  de votos, van aumentando de tamaño. Só se poden engadir tres votos cada 24 horas e, como canta máis participación mellor, solicitamos a cooperación do maior número de persoas distintas do voso fogar, da vosa familia, traballo, amizades...

Seguen a orde alfabética para facilitar a procura e o achado dunha palabra determinada, ben para votala ou para poder logo incluír algunha verba que considerades bela e non estea na lista. Pulsades en comentarios, ao final desta actividade á dereita, e nola comunicades poñendo por exemplo, "Para min (palabra) é moi fermosa e non a atopo"... e daquela, intentaremos engadila en canto poidamos.

Á vosa completa disposición e encantados de poder axudar en todo canto estea na nosa man, aclarar dúbidas... e se vedes algo que se poida mellorar... comentádenolo, por favor.

Moitas grazas por facer chegar isto a todas as persoas que poidades. Así podemos contribuír a enriquecer o noso vocabulario,  a coñecer palabras que outras persoas consideran fermosas, a recuperar verbas dos nosos maiores bastante esquecidas ou a que non desaparezan voces que se van deixando de usar e pérdense, a que unha parte do noso idioma propio, compoñente moi valioso da cultura universal, coma todas as linguas,  que a propia UNESCO, Consello de Europa... definen como creacións extraordinarias e lembran que necesitan moita protección, siga viva...

Agardamos que estas actividades aporten pasiños, grans de area que sirvan para que o galego e a nosa cultura, en xeral, poidan seguir embelecéndose e existindo nestes tempos moi complicados para as linguas e todo o minoritario, onde parece que todo o grande ten que facerse aínda máis grande, aínda que sexa a base de comerse ao máis pequeno, empobrecendo así a marabillosa diversidade cultural e natural, que sempre engrandece toda a existencia, a natureza, a vida en xeral.


Agora todas as persoas, ata os máis novos, podedes elixir e votar polas máis fermosas máis doadamente.

MOI AGRADECIDOS POLA VOSA COLABORACIÓN!


"2.º Cancioneiro CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN" "AO GALEGO CANTANDO CON ALEGRÍA"

Inicio  

 

 

 

 

Que así mo pediron, que así mo mandaron,
que cante e que cante, na lingua que eu falo

Rosalía de Castro

 

 

Poñemos aquí tamén o cancioneiro deste curso para que poidamos ir aprendendo aquelas destas cantigas que nos faltan por saber. Algunhas que xa gravamos nós e outras de compañeiras que nos concederon o seu permiso podedes escoitalas a continuación.

 

 

 

O resto das cantigas podedes escoitalas aquí

 

Recomendáronnos este lugar para coñecer un pouco máis do noso patrimonio cultural e musical

http://www.consellodacultura.org/asg/instrumentos/

Distribuir contido

Observa-acción 2018-2019

FOMOS PREMIADOS NO "CONCURSO DE TRABALLO POR PROXECTOS"

Galardonados co premio LIA

Eventos

« Xuño 2019 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Proxceto de Historia: Unha viaxe polo tempo

      

Novo Proxecto Educativo