Curso 2013/2014
Magosto
O mércores, dìa de San Martiño, se o tempo acompaña, celebraremos o magosto no cole. Refráns, cantigas, xogos populares e..., sobre todo castañas para tod@s!
Picade nesta imaxe para ir a un montón de recursos, xogos e actividades no blogue de EDLG do CEIP ESPIÑEIRA:
Tamén podedes ver un video de como celebramos o magosto no cole.
Fotos na galería
Xa están as fotos do 3º trimestre na galería. Feliz verán a todas/os.
Picade na imaxe para ir a galería
PORTAL DAS PALABRAS: UNHA MOI BOA FERRAMENTA
QUERES APRENDER XOGANDO, VENDO VÍDEOS...?
BUSCAS AXUDA NOS TEUS LABORES?
O DICIONARIO MÁIS COMPLETO? TAMÉN DE SINÓNIMOS? BUSCA AVANZADA, INCLUSO DE PALABRAS QUE REMATEN IGUAL PARA COMPOÑER AS TÚAS RIMAS...?
Que non che gusta algún dos xogos, non vai ben ou non consegues collerlle o xeito... Non pasa nada, cambia a outro que hai moitos.
TES MOITO QUE ATOPAR. ANÍMATE, BOTA UNHA OLLADA E VERÁS...
FAI CLIC ARRIBA NO PORTAL DAS PALABRAS
LETRAS GALEGAS 2014
Aí van materiais diversos para coñecer, xogar e festexar mellor as nosas LETRAS GALEGAS neste 2014. O autor homenaxeado é XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO.
Que non sabedes nada del? Pois imos mellorar isto http://www.xunta.es/linguagalega/xose_maria_diaz_castro
Na páxina da COORDINADORA DE ENDL http://coordinadoraendl.org/letras2014/index.html
No blog do IES XOHAN CARBALLEIRA de Bueu http://es.slideshare.net/arteducativo/actividades-daz-castro
Tamén o SEMINARIO GALÁN, coma todos estes anos, http://seminariogalan.org/inicio/portada
Actividades para facer hai nos enlaces anteriores e tamén en http://actividadeslim.blogspot.com.es/2014/04/xose-maria-diaz-castro.html, https://dl.dropboxusercontent.com/u/22431202/letras%20galegas2014/letras%20galegas2014.html
Contos como http://www.youblisher.com/p/873214-O-neno-e-a-estrela/
En youtube podedes atopar bastantes vídeos sobre el e a súa poesía.
Por exemplo, documentais como
https://www.youtube.com/watch?v=xHHlkByQXe8
https://www.youtube.com/watch?v=5tSu3XGjzB8
Cancións co poema "Penélope"
https://www.youtube.com/watch?v=XnkdbS8xOVo , https://www.youtube.com/watch?v=kQKUCvjHpTE , https://www.youtube.com/watch?v=iSs1T4fKR_s
Recitados
https://www.youtube.com/watch?v=F1aajRuXScg
en curtametraxes como https://www.youtube.com/watch?v=iuyRfyWPKRo&feature=youtu.be,
Moito máis do IES que leva o seu nome http://about.me/documentaldiazcastro , como música con versos do poeta ou o vídeo dunha canción dedicada a el
https://soundcloud.com/ies-diaz-castro
https://www.youtube.com/watch?v=pB_CqdDIbgU
Se o que buscamos é máis información sobre el podemos atopala tamén en http://www.poetadiazcastro.com/
Paco Nogueiras fíxonos esta achega:
Xa que as Letras Galegas están aí, envíovos outro vídeo para "fortalecer" máis estas datas. Neste caso é un dos vídeoclips do proxecto que estou a presentar estes días con Kalandraka chamado Brinca Vai!.
CONCURSO DE ADHESIVOS 2014
Convocamos un concurso de adhesivos para animar a usar máis a lingua galega. Aquí podedes ver algúns destes anos pasados.
Poden participar todos os membros da nosa comunidade educativa: profesorado, alumnado, persoal non docente, xunto cos seus familiares: irmáns, irmás, nais, pais, avoas, avós, tíos, tías, curmás, curmáns...
O prazo para a entrega rematará o venres día 6 de xuño. O adhesivo gañador distribuirase entre todos os membros da nosa comunidade educativa e farase chegar tamén aos demais centros da zona.
A persoa gañadora poderá elixir como premio un cd ou libro-cd con cancións galegas que poidamos conseguir no mercado.
Día do libro no CEIP Espiñeira
Tráiler da película de infantil que se fixo para celebrar o día do libro e, que ocorreu nun lugar máxico que hai no CEIP Espiñeira.
Se queredes ver a película completa, picade no seguinte enlace para ir ao blogue da biblioteca.
HOMENAXEAMOS A ROSALÍA DE CASTRO
e participamos con outros moitos centros do Morrazo nunha gravación de vídeo "O Morrazo esperta a Galicia" baseado no seu poema ALBORADA
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Hoxe na biblioteca celebramos o Día Internacional da Muller, e disfrutamos do conto: Arturo e Clementina.
No seguinte enlace podemos ir a un monton de recursos para traballar este día:
RECURSOS ENTROIDO
PICAR NA IMAXE PARA IR A UNHA PÁXINA DE RECURSOS, HISTORIA, LENDAS, COSTUMES, COMIDA,... DO ENTROIDO EN GALICIA.
NESTE ENTROIDO UN BOSQUE FORMAMOS: SETAS, XIRASOIS, XOANIÑAS, MARGARIDAS, CARBALLOS,...
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »
