AS PALABRAS MÁIS FERMOSAS

 

As palabras máis elixidas durante os catro primeiros meses deste curso foron:

 

Outras verbas que tamén recibiron varios votos foron:

Se che custa traballo ler estas últimas palabras pulsa sobre a imaxe e veralas máis grandes.

 

Por fin, parece que desta vai! A ver se é certo! A nosa intención era, e segue sendo, que estea dispoñible un sistema de votación sinxelo e doado para que poidamos continuar escollendo, coa axuda do maior número de persoas de calquera lugar que queiran votar a través desta páxina,  as parolas máis belidas, máis lindas do galego.

O que estivemos buscando é que, ao recibir máis votos, esa palabra fose aumentando de tamaño, e así tamén poderemos comprobar como van evolucionado as votacións, despois de que as persoas da nosa comunidade educativa, xunto con moitos familiares, amizades, veciños... xa elixisen as que consideraban máis fermosas, como se pode ver nas dúas "nubes de palabras" de máis arriba.

Nestas últimas semanas ademais fomos recollendo e sumando todos os votos recibidos por cada vocábulo que moi distintas persoas, xa fosen compañeiras de profesión, amizades, membros dos EDLGs...,  nos fixestes chegar de diferentes xeitos, tanto en enquisas por escrito, noutras que completastes con termos que enviastes aos nosos distintos enderezos de correo electrónico, en comentarios nos dous apartados do EDLG da nosa páxina web... Todas estas palabras fóronse incluíndo na seguinte relación segundo os votos que recibiron. Como podedes ver a continuación, así está, polo de agora, pero cambia continuamente cada vez que algunha persoa sinala unha parola e pulsa nela. 

 

 

Primeiro facede un "clic" sobre esta imaxe para ver todas as palabras. Deseguida, xa podedes pulsar sobre as tres verbas que máis vos gusten e así, segundo o número  de votos, van aumentando de tamaño. Só se poden engadir tres votos cada 24 horas e, como canta máis participación mellor, solicitamos a cooperación do maior número de persoas distintas do voso fogar, da vosa familia, traballo, amizades...

Seguen a orde alfabética para facilitar a procura e o achado dunha palabra determinada, ben para votala ou para poder logo incluír algunha verba que considerades bela e non estea na lista. Pulsades en comentarios, ao final desta actividade á dereita, e nola comunicades poñendo por exemplo, "Para min (palabra) é moi fermosa e non a atopo"... e daquela, intentaremos engadila en canto poidamos.

Á vosa completa disposición e encantados de poder axudar en todo canto estea na nosa man, aclarar dúbidas... e se vedes algo que se poida mellorar... comentádenolo, por favor.

Moitas grazas por facer chegar isto a todas as persoas que poidades. Así podemos contribuír a enriquecer o noso vocabulario,  a coñecer palabras que outras persoas consideran fermosas, a recuperar verbas dos nosos maiores bastante esquecidas ou a que non desaparezan voces que se van deixando de usar e pérdense, a que unha parte do noso idioma propio, compoñente moi valioso da cultura universal, coma todas as linguas,  que a propia UNESCO, Consello de Europa... definen como creacións extraordinarias e lembran que necesitan moita protección, siga viva...

Agardamos que estas actividades aporten pasiños, grans de area que sirvan para que o galego e a nosa cultura, en xeral, poidan seguir embelecéndose e existindo nestes tempos moi complicados para as linguas e todo o minoritario, onde parece que todo o grande ten que facerse aínda máis grande, aínda que sexa a base de comerse ao máis pequeno, empobrecendo así a marabillosa diversidade cultural e natural, que sempre engrandece toda a existencia, a natureza, a vida en xeral.

 

Agora todas as persoas, ata os máis novos, podedes elixir e votar polas máis fermosas máis doadamente.

MOI AGRADECIDOS POLA VOSA COLABORACIÓN!


Comentarios

palabra

a miña palabra fermosa é TANGUER,  de tanguer o gando...

CHISTES

O meu chiste favorito é o de parvo, ninguén e ningún.

PALABRAS

A miña palabra favorita é boneca.GuiñoRisaSorprendido

Eu quero que sigades

Eu quero que sigades engadindo máis palabras

Quero que engadades nas

Quero que engadades nas palabras fermosas florear e rosear, que significan botar flores e gústanme moito.

Mulido e rodela

Cando queriamos cargar algo na cachola ou incluso no lombo faciamos unha roda de trapo ou de palla, que se chama MULIDO, aínda que hai quen lle chama RODELA, coma un xogo de nenos. Queriamos votar por esas dúas palabras.

As ROLLAS fanse da pel das SOBREIRAS

O nome SOBREIRA é o dunhas árbores moi bonitas, incluso é un topónimo frecuente de pequenos lugares. E os tapóns que se fan coa súa cortiza para poñerlle ás botellas, son as ROLLAS. Quero votar por estas dúas palabras.

palabras de arbustos que nos gustan

Gústannos moito as árbores pequechas como silveira e silvamar (zarzaparrilla) pero non as damos achado para votar por elas.

Quería votar por acio, un

Quería votar por acio, un cangallo de uvas xuntas, e tamén por aciñeira, árbore que tamén se chama caxigo ou aciño.

Sentimento e espírito

Queriamos agregar as palabras espírito e sentimento que nos parecen moi fermosas.

non están estas que nos gustan

É raro pero entre tanta palabra non topamos nin vila, nin pobo, nin cidade. A nós gústannos. Poderiades adilas na relación que tedes? Moitas grazas.

PALABRAS NOVAS

A min gústanme moito as palabras que acaban en -bel (xa sei que tamén se poden usar acabadas en -ble), pero a min gústanme máis rematadas en -bel.

Por exemplo, agradábel e avaliábel. Tampouco encontrei agradable e avaliable, por iso quería votar por estas, pero teño outras que tameń me gustan.

AVANTAR E ADIANTE

Quería engadir estas dúas palabras que me gustan e non as atopo.

quen dixo crise?

Está ben que, aínda que haxa crise, non haxa crise de ideas, e xa vexo que vós non tendes ese problema. Sempre argallando!

Moitos bicos e un saúdo desde Ribeira desta aldanesa de vocación

Nela

MOITAS GRAZAS

Moitas persoas desta comunidade lembrámonos moito de ti.

Unha moi fonda aperta e moitos folgos para todas as persoas con quen queiras compartir.

Ola tendes un traballo

Ola tendes un traballo estupendo e digno de admirar , animovos a que non deixedes de facer estas iniciativas tan orixinais, a miña palabra preferida é biquiños.

Moi boas, de primeiras

Moi boas, de primeiras agradecer e dar ánimos por todolas iniciativas.

Na miña humilde opinión, as palabras transmiten o noso estado de ánimo, e ditas con unha entonación ou outra cambian o no son. Por iso quero romper unha lanza, sobres as palabras galegas, ditas como ben apunta alguen de corazón a corazón. E a mais vital e LEDICIA, pois a vida perde bastante sin ela. Sempre LEDICIA compañeiros.

Reenviar: Participación na enquisa das palabras máis fermosas

Todas as que tedes son fermosas, eu engadiría "augamar"

Noraboa polo traballo que estades a facer.

ENGADIR AUGAMAR

Aínda que sinto non telo comunicado deste xeito antes, xa poderías comprobar que, en canto a vimos, xa a incluímos na relación para poder ser votada.

Moitísimas grazas.

palabras fermosas

Para min a palabra "xoaniña" tamén debería estár entre as máis fermosas. Un saúdo.  

xoaniña

E xa está entre as máis votadas. Moitas grazas.

Nube de Palabras

Eu quero apoiar á palabra: Burbulliñas

 

Un saúdo, grazas.

Vasoira, Xaxún,  muiñada,

Vasoira, Xaxún,  muiñada, eira , pataca,...

MOI AGRADECIDOS

Dá gusto tanta parola bonita. Como puideches comprobar, en canto as vimos, xa as engadimos para poder ser votadas.

Moitísimas grazas pola túa axuda.

Palabras fermosas

Todas as palabras son fermosas se van de corazón a corazón!

Adiante!

de corazón a corazón

Así será moito mellor, vendo a outra persoa aos ollos e dándonos conta que é outro ser humano coma nós, que seguramente tameń busca ser feliz.

Back to top