CALENDARIO 2013 - C.E.I.P. DA ESPIÑEIRA-ALDÁN

Como nos comunican que o calendario do noso centro para este ano 2013 non lles chegou a varias persoas que tiñan interese en telo, podedes agora imprimilo desde aquí. Queda mellor se o facedes en cartolina ou papel groso e non se caerá doadamente se o dobrades pola metade, engadíndolle debaixo unha pequena base do mesmo material que podedes pegar ás dúas caras do calendario.

 

calendario

Cada nivel escolleu unha palabra que lle gustou da lista das máis votadas como palabras fermosas pola nosa comunidade http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipespinheiraaldan/node/458. A partir dela compuxeron, ás veces individualmente, ás veces en grupo, ás imaxes correspondentes en distintos materiais, usando desde teas de cores ou plastilina, ata madeiras, papeis brillantes, acuarelas, rotuladores...
Quedamos á vosa disposición.
Que vos poida servir de proveito e feliz ano!!!

Comentarios

XA O IMPRIMIMOS!

Quedouvos moi chulo!!!!!!!!!!!!

Está ben que participen todas as aulas do centro co seu alumnado e profesorado.

Back to top