Curso 2012/2013

O cantil das palabras

XA TEMOS GAÑADOR DO CONCURSO DE ADHESIVOS

MOITÍSIMAS GRAZAS A TODAS AS PERSOAS QUE PARTICIPARON E COLABORARON NESTE CONCURSO.

Este foi o adhesivo gañador   

Xa sabedes que só pode gañar un dos traballos presentados, pero queremos que recibades o noso agradecemento. Vós facedes posibles as nosas actividades.

CONCURSO DE ADHESIVOS

 

Convocamos un concurso de adhesivos para animar a usar máis a lingua galega. Aquí podedes ver algúns destes anos pasados. Poden participar todos os membros da nosa comunidade educativa: profesorado, alumnado, persoal non docente, xunto cos seus familiares: irmáns, irmás, nais, pais, avoas, avós, tíos, tías, curmás, curmáns...

O prazo para a entrega rematará o luns día 3 de xuño. O adhesivo gañador distribuirase entre todos os membros da nosa comunidade educativa e farase chegar tamén aos demais centros da zona.

A persoa gañadora poderá elixir como premio un cd ou libro-cd con cancións galegas que poidamos conseguir no mercado.

Recursos "Roberto Vidal Bolaño" Letras Galegas 2013

Aquí tedes unha chea de recursos sobre a vida e obra de Roberto Vidal Bolaño, enlace á páxina da Coordinadora Galega de ENDL:

Non vos esquezades de probar nestoutros enlaces    http://www.xunta.es/linguagalega/roberto_vidal_bolano


 http://www.crtvg.es/crtvg/canles-tematicas/letras-galegas-2013 

E SAÍMOS NA TELE!!!

Picade AQUÍ:

LETRAS GALEGAS 2013

Como xa sabedes este ano 2013, adícase a Roberto Vidal Bolaño.

Aquí tedes un xogo para aprender e pasalo ben.

http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/espazo/repositorio/cont/roberto-vidal-bolano-letras-galegas-2013

Saídas ao Facho, Vigo e auditorio de Cangas

Vigo e Baleadas

Clic nas imaxes para ver máis.Guiño

Vídeo "Se acabaron las lágrimas" (25 de Novembro-Día Internacional para a eliminación da violencia de xénero)

Despois de moito traballo de gravación e edición do vídeo, aquí o tedes por fin... non foi nada sinxelo!!

 


Original Video - More videos at TinyPic

O Entroido 2013

Chega o Entroido! Nós xa estamos a preparar os nosos disfraces.

A continuación, presentámosvos unha serie de recursos sobre o Entroido que, xenerosamente, teñen posto á nosa disposición diversos compañeiros doutros colexios. Aprendede e disfrutade con eles!

 Coordinadora galega dos ENDL

                   

Vieiros na escola. Monográfico sobre o entroido na provincia de Ourense

 

Queremos agradecer moito estas achegas do compañeiro XOSÉ ANTÓN VICENTE.

Poden servir de moito proveito. Probádeas e comentamos. Moitas grazas.

 

O entroido en Galicia:  https://dl.dropbox.com/u/6077771/entroido/index.html

Distribuir contido

Back to top