Páxinas web de interese

Páxinas web de interese

Enlaces de interese 


Se coñecedes algún enlace que pensades que pode figurar nesta relación ( se pode axudar a visualizar máis o galego, a que poidamos achegarnos á lingua galega dun xeito máis doado, máis lúdico...), moi agradecidos por facérnolo chegar. Estamos intentando entre moitas persoas, colectivos, centros, asociacións, institucións... ir completando, mellorando, cambiando se algo está mal (aparte de moi incompleta)...  esta lista.

 
Agradeceriamos moito calquera achega, suxestión, crítica, contrastar opinións... 

Queremos axudar a que todo membro das comunidades educativas, e da sociedade en xeral, poida coñecer algo do que sabemos que existe e algúns utilizamos, por se lle pode ser de utilidade a alguén.

 

Tamén agradecemos moito o envío desta información a calquera persoa que puidese estar interesada.


COORDINADORA DE ENDLS. E REVISTA PARA AS FAMILIAS

  Pode axudar moito e darnos ideas polas moitas e variadas actividades e informacións que recolle. Será un tempo moi ben empregado o que se poida empregar nela http://www.coordinadoraendl.org/entrada.php
Publicación para o profesorado interesado  http://coordinadoraendl.org/aletramiuda/index.php


REVISTA COMUNIDADE
Queremos traer aquí a revista da Federación de ANPAS "A GAMELIÑA", que ten por nome "COMUNIDADE" http://comunidaderevista.blogspot.com.es/ Premendo no enlace, podedes facer clic para ollar os seus apartados. En "Hemeroteca" podedes acceder aos números editados, que conteñen moitas informacións moi variadas e interesantes...

Se queredes ver e participar, escoitar cantigas, ler chistes, comentar... algunhas das nosas colaboracións, só tedes que premer na pestana que pon "EDLG Espiñeira"  http://comunidaderevista.blogspot.com.es/search/label/EDLG%20Espi%C3%B1eira
Agradeceremos moitísimo calquera opinión, suxestión, crítica construtiva... escribíndoa ao final da actividade no lugar dos COMENTARIOS.


Sitio da Academia Galega: información sobre as actividades, académicos, discursos de ingresos, fondos e publicacións. Moi completa, con buscador para atopar o que queremos, obras na biblioteca virtual, dicionario, hemeroteca, arquivo, publicacións, recursos, o galego, actualidade, membros da academia, letras galegas... e moito máis.

Arriba á esquerda, pulsando en contacto, podedes enviarlle dúbidas, suxestións, consultas lingüísticas...

Tamén nesta páxina podemos atopar o dicionario da RAG que acaba de saír e é gratuíto. DICIONARIO DA REAL ACADEMIA GALEGA 2012  Con máis de 50.000 entradas, o novo Dicionario da Real Academia Galega, entre outras utilidades, conta coa posibilidade de escoitar a realización sonora das palabras. Este dicionario establece a norma da lingua galega no referente ao léxico. Aquí poderás atopar a ortografía normalizada das palabras e os seus significados, así como información importante sobre a pronunciación, as propiedades gramaticais, os sinónimos, os antónimos, o rexistro, e outros datos útiles para o uso correcto da lingua. A min deume moi bo resultado metelo en Marcadores (noutros vén como Favoritos) e estoume acostumando a el, pero axuda moito, é moito máis rápido que andar a buscar nos de papel se unha palabra existe, se está ben escrita ou non, significado, incluso moitas veñen con sinónimos, antónimos... Dáme a impresión de que se lle pode sacar moito partido. Por iso estou aconsellando a todas as persoas interesadas que o metan en "MARCADORES" ou "FAVORITOS". Se podedes pídovos que o utilicedes, cando poidades e logo comentamos.

Instituto da Lingua Galega (ILG)  

Páxina con información sobre o galego: léxico, morfosintaxe, mapas dialectais, bibliografía lingüística... Múltiple, variada e moi extensa documentación.



PÁXINAS CON MATERIAIS DIDÁCTICOS QUE PODEN AXUDAR: INCLÚEN MOITOS MATERIAIS E MOI VARIADOS 

RECURSOS EDUCATIVOS NA REDE

RECURSOS QUE PODEN FACILITAR MOITO OS NOSOS TRABALLOS. A MAIORÍA SOFTWARE LIBRE:


FIREFOX    Mozilla  : un navegador fabuloso, para moitos que saben bastante disto é o mellor neste intre, que ademais de ser libre, podes elixilo na lingua queiras, sinala as palabras que non existen en todo o que redactes na rede, xa no momento que escribes, co que te das conta inmediatamente e podes corrixilo dun xeito moi doado. Nós, e moitos compañeiros, atopamos os seu uso moi cómodo e fácil con versións para Windows, Linux...

trasno.net    PROXECTO TRASNO   (software libre)  Moitas posibilidades

 e buscando dentro desta moitas como, por exemplo:



O GALEGO NAS NOVAS TECNOLOXÍAS   Múltiples recursos para poder mellorar neste mundo das TIC, que cada vez vai adquirindo maior importancia.


 

XUNTA DE GALICIA: FERRAMENTAS INFORMÁTICAS




XUNTA DE GALICIA: SERVIZOS

 


XUNTA DE GALICIA: LINGUA GALEGA-ENDLG


XUNTA DE GALICIA :   INICIATIVAS PARA AS FAMILIAS


http://www.xunta.es/linguagalega/revistas_e_boletins_dos_centros_de_ensino



ou, por que non?, ir directamente onde teñen exposta unha das nosas actividades:

1.º CANCIONEIRO C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN
( Este curso xa levamos traballado o 2.º CANCIONEIRO, que se pode atopar e escoitar na nosa páxina web, en  2.º CANCIONEIRO CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN )



    e moito máis que podemos atopar aí, xa que dispoñen dun buscador que facilita a tarefa.



Dicionarios interesantes, dicionarios de dicionarios, por exemplo, 

 DICIONARIO DE DICIONARIOS,  que recolle moitas palabras que veñen de moi antigo e algunhas xa se usan pouco. Inclúe varios dicionarios polo que é moi completo.

 



Vocabularios como

Páxinas interesantes que poden axudar, manternos informados de novidades...

 

e moitos outros, que a S.X.P.L., nos recomendou a través de:



http://www.xunta.es/linguagalega/blogues_educativos 

 

 

 Seguro que sabedes dalgún máis, verdade? Se é así, agradeceremos moito que o compartades, que nolo comuniquedes. As opinións e as experiencias de cada un, poden axudar moito aos demais.






 

 

O mapa dos apelidos. O Instituto da Lingua Galega e a Real Academia Galega, en colaboración co Cesga, ofrecen na rede a posibilidade de consultar a cartografía dos apelidos de Galicia, a partir dos datos do Instituto Nacional de Estatística (2001).

 

Intervención de Belén Regueira recollendo o seu premio "Mestre Mateo" 2009

 

Na lingua de todos

Descubrimos este blogue doutro centro que nos parece moi interesante, ten variedade de contidos: musicais, vídeos, materiasi sobre as letras galegas, para asinar a favor do galego... Se queres botarlle un ollo pica AQUÍ.

 

Outros

O mapa dos apelidos. O Instituto da Lingua Galega e a Real Academia Galega, en colaboración co Cesga, ofrecen na rede a posibilidade de consultar a cartografía dos apelidos de Galicia, a partir dos datos do Instituto Nacional de Estatística.

Política lingüística

Distribuir contido

Espiñeira nas ondas

Observa-acción 2018-2019/2019-2020

FOMOS PREMIADOS NO "CONCURSO DE TRABALLO POR PROXECTOS"

Galardonados co premio LIA

Eventos

« Abril 2020 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930

Proxceto de Historia: Unha viaxe polo tempo

      

Novo Proxecto Educativo