Documentos

O Maio

Xa podedes ver as fotos deste ano picando AQUI e tamén ler o artigo do Faro

.

Aquí tedes un LIM sobre o noso Maio, esperamos que vos guste...

ÚLTIMOS BOLETÍNS DA RAG

Para consultalos preme en:

ÚLTIMOS BOLETÍNS DA REAL ACADEMIA GALEGA

UNHA LINGUA É UN TESOURO, CULTURA, BIODIVERSIDADE, PATRIMONIO PARA A HUMANIDADE

 

 

Unha lingua é máis que unha obra de arte,
é matriz inesgotable de obras de arte.

A. Daniel Rodríguez Castelao

 

 

Engadimos aquí os comentarios:

Somos conscientes?

Escoitamos a voz da consciencia?

Queres recoller soños? Sementa realidades arestora.  

 

Xa que intentades coñecer a realidade, aí vai unha:

O GALEGO NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

Agradécese a súa lectura, sinatura, crítica, comentario...

DÍA DE ROSALÍA

O máis triste é a falsidade con que fóra pintan
aos fillos de Galicia e a Galicia mesma

Rosalía de Castro

 A cédula de identificación de Rosalía

Cédula de identidade de Rosalía de Castro
No documento pódese ler o nome completo da poeta: Rosalía Castro Abadía.


Esta cédula persoal a nome de Rosalía de Castro foi expedida en Padrón o 23 de outubro de 1884, cando a poeta contaba 47 anos.

A cédula persoal nace en 1874 co fin de substituír a cédula de empadroamento, e, á súa vez, foi substituída polo DNI en 1944. Tratábase dun documento de expedición obrigatoria para todas as persoas maiores de 14 anos e residentes no territorio español, xa fosen desta nacionalidade ou estranxeiras.

O documento tiña unha dobre finalidade: identificadora e tributaria. Como carta de identidade non resultaba moi útil, pois podía obterse sen outro requisito que o do empadroamento, sen que fose preceptivo asinala ante o funcionario/a.

A súa concepción foi, pois, non tanto a de documento de identificación senón, máis ben, a de xustificante de ter pagado un imposto directo –fixado por niveis de renda- aínda que tamén podía, ou debía, ser usado como carta de identidade en caso necesario. Loxicamente, ao ser un imposto sobre a renda, permitía coñecer a categoría económica á que pertencía o identificado ou identificada.

En 1884, Rosalía vivía en Padrón con toda a súa familia. É o derradeiro ano da súa vida, pois en 1885 morría enferma de cancro. O mesmo 1884 foi, tamén, o ano da súa última publicación en vida: En las orillas de Sar. Conclúe Rosalía neste libro o ciclo poético que comezara vinte un anos antes coa publicación de Cantares Gallegos.

A cédula que presentamos pertence á colección de documentos históricos da RAG, e a súa forma de ingreso foi polo procedemento de compra.

 

 

 


Aquí tedes as fotos da celebración do Día de Rosalía na nosa biblioteca. Os de 4º contáronnos a vida da escritora Rosalía de Castro cun Power Point do libro de Helena Janeiro.
View more presentations or Upload your own.

Normas ortográficas e morfolóxicas do galego

Aquí vos presentamos un documento moi útil sobre os cambios no novo texto das normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, aprobadas pola Real Academia Galega, en sesión plenaria do día 12 de xullo de 2003, con respecto ó texto da edición de 1995.

Para consultalo ou descargalo no teu ordenador pica AQUÍ

Distribuir contido

Back to top