Curso 2011/2012
PAZ ANDRADE
Posted Outubro 15th, 2013 by xurxoboSOBRE V. PAZ ANDRADE: HOMENAXEADO NO 2012
Xornalista, poeta, xurista, conferenciante, político... a ampla produción de Paz Andrade sorpréndenos pola súa calidade e a variedade dos seus intereses.
Podemos aprender ou atopar moito na páxina da REAL ACADEMIA GALEGA:
LETRAS GALEGAS 2012
http://www.realacademiagalega.org/letras-actual
e tamén nas seguintes páxinas da XUNTA DE GALICIA
http://www.xunta.es/linguagalega/espazo_web_valentin_paz_andrade
http://www.valentinpazandrade.es/gl/biografia
http://www.valentinpazandrade.es/gl/bibliografia
http://www.valentinpazandrade.es/gl/multimedia (Audios, vídeos. imaxes)
http://www.valentinpazandrade.es/gl/novas
http://www.valentinpazandrade.es/gl/axenda
http://www.valentinpazandrade.es/gl/exposicions
Libro Interactivo Multimedia con actividades sobre a biografía de Valentín Paz Andrade
Valentin Paz Andrade
de hupabalea 445 visitas
Telexornal Paz Andrade
Informativo realizado nos estudos do CPI dos Dices en Rois que repasa a vida ea obra de Valentín Paz Andrade
de videocpidosdices Hai 1 mes 1592 visitas
Valentín Paz Andrade. CEIP San Xoán de Filgueira
"Cando ti volvas...", poema de Valentín Paz Andrade. PRANTO MATRICIAL in memoriam Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Música: "Marcha procesional ...
de mabesanxoanfilgueira Hai 3 semanas 440 visitas
Pranto matricial : Paz Andrade / 2naFronteira
Música de 2nafronteira para un poema de Paz Andrade (Letras Galegas 2012): Pranto matricial, que el dedicou ó retorno de Castelao a Galiza ...
Hai 2 semanas 404 visitas
Catrivium da mapoula: Paz Andrade / 2nafronteira
Música de 2nafronteira pra un poema de Valentín Paz Andrade (Letras Galegas 2012). Gracias a Gino Borio que nos abriu a súa casa e estudio para ...
Valentín Paz Andrade. Compromiso con Galicia
Documental sobre a vida e a obra de Valentín Paz Andrade.
Paz Andrade, supervivente
Vídeo didáctico no que se repasan episodios sobranceiros na vida de Paz Andrade
Vídeo da exposición sobre Valentín Paz-Andrade. Xunta de Galicia, 2012
Percorrido polas distintas facetas de Valentín Paz-Andrade. Letras galegas 2012
de VPA2012
Valentín Paz Andrade -IES as Barxas
Valentín Paz Andrade interpretado pol@s nen@s e Vero, a nosa PT, no IES as Barxas O QUE TODO GALEGO CHORARÍA CHORA, TERRA, TEU PRANTO das augas, e ...
Obra ensaística. Exposición Valentín Paz-Andrade Xunta de Galicia 2012
Xa temos auxiliar de Conversa!
Posted Outubro 2nd, 2012 by davidPor fin xa chegou a auxiliar de conversa que vai estar connosco ata finais de Maio. O seu nome é Janet Matheson e ven de Alabama (USA). Esperamos aprender moito con ela, tanto profes coma alumnos.
ACABAMOS DE PUBLICAR O NOVO LIBRO DE CONTOS
Posted Maio 16th, 2012 by xurxoboAgradecemos moito calquera suxestión, comentario... sobre esta nova publicación.
Que vos guste moito! E moitas grazas pola gran colaboración recibida.
LETRAS GALEGAS 2012: Don VALENTÍN PAZ ANDRADE
Posted Maio 7th, 2012 by xurxoboXornalista, poeta, xurista, conferenciante, político... a ampla produción de Paz Andrade sorpréndenos pola súa calidade e a variedade dos seus intereses.
Podemos aprender ou atopar moito na páxina da REAL ACADEMIA GALEGA:
LETRAS GALEGAS 2012
http://www.realacademiagalega.org/letras-actual
e tamén nas seguintes páxinas da XUNTA DE GALICIA
http://www.xunta.es/linguagalega/espazo_web_valentin_paz_andrade
http://www.valentinpazandrade.es/gl/biografia
http://www.valentinpazandrade.es/gl/bibliografia
http://www.valentinpazandrade.es/gl/multimedia (Audios, vídeos. imaxes)
http://www.valentinpazandrade.es/gl/novas
http://www.valentinpazandrade.es/gl/axenda
http://www.valentinpazandrade.es/gl/exposicions
Aquí van unha serie de LIMs feitos polo profesorado do CEIP Frián-Teis. Moitas grazas polo voso traballo:
Xogamos para 1º Ciclo e Ed. Infantil
Libro Interactivo Multimedia con actividades sobre a biografía de Valentín Paz Andrade
Lim para Ed. Infantil e o 1º ciclo
Valentin Paz Andrade
de hupabalea 445 visitas
Telexornal Paz Andrade
Informativo realizado nos estudos do CPI dos Dices en Rois que repasa a vida ea obra de Valentín Paz Andrade
de videocpidosdices Hai 1 mes 1592 visitas
Valentín Paz Andrade. CEIP San Xoán de Filgueira
"Cando ti volvas...", poema de Valentín Paz Andrade. PRANTO MATRICIAL in memoriam Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Música: "Marcha procesional ...
de mabesanxoanfilgueira Hai 3 semanas 440 visitas
Pranto matricial : Paz Andrade / 2naFronteira
Música de 2nafronteira para un poema de Paz Andrade (Letras Galegas 2012): Pranto matricial, que el dedicou ó retorno de Castelao a Galiza ...
Hai 2 semanas 404 visitas
Catrivium da mapoula: Paz Andrade / 2nafronteira
Música de 2nafronteira pra un poema de Valentín Paz Andrade (Letras Galegas 2012). Gracias a Gino Borio que nos abriu a súa casa e estudio para ...
Valentín Paz Andrade. Compromiso con Galicia
Documental sobre a vida e a obra de Valentín Paz Andrade.
Paz Andrade, supervivente
Vídeo didáctico no que se repasan episodios sobranceiros na vida de Paz Andrade
Vídeo da exposición sobre Valentín Paz-Andrade. Xunta de Galicia, 2012
Percorrido polas distintas facetas de Valentín Paz-Andrade. Letras galegas 2012
de VPA2012
Valentín Paz Andrade -IES as Barxas
Valentín Paz Andrade interpretado pol@s nen@s e Vero, a nosa PT, no IES as Barxas O QUE TODO GALEGO CHORARÍA CHORA, TERRA, TEU PRANTO das augas, e ...
UNHA LINGUA É UN TESOURO, CULTURA, BIODIVERSIDADE, PATRIMONIO PARA A HUMANIDADE
Posted Abril 7th, 2012 by xurxobo
Unha lingua é máis que unha obra de arte,
é matriz inesgotable de obras de arte.
Engadimos aquí os comentarios:
Somos conscientes?
Escoitamos a voz da consciencia?
Queres recoller soños? Sementa realidades arestora.
Xa que intentades coñecer a realidade, aí vai unha:
O GALEGO NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN
Agradécese a súa lectura, sinatura, crítica, comentario...
DÍA DE ROSALÍA
Posted Marzo 13th, 2012 by xurxoboO máis triste é a falsidade con que fóra pintan
aos fillos de Galicia e a Galicia mesma
A cédula de identificación de Rosalía
No documento pódese ler o nome completo da poeta: Rosalía Castro Abadía.
Esta cédula persoal a nome de Rosalía de Castro foi expedida en Padrón o 23 de outubro de 1884, cando a poeta contaba 47 anos.
A cédula persoal nace en 1874 co fin de substituír a cédula de empadroamento, e, á súa vez, foi substituída polo DNI en 1944. Tratábase dun documento de expedición obrigatoria para todas as persoas maiores de 14 anos e residentes no territorio español, xa fosen desta nacionalidade ou estranxeiras.
O documento tiña unha dobre finalidade: identificadora e tributaria. Como carta de identidade non resultaba moi útil, pois podía obterse sen outro requisito que o do empadroamento, sen que fose preceptivo asinala ante o funcionario/a.
A súa concepción foi, pois, non tanto a de documento de identificación senón, máis ben, a de xustificante de ter pagado un imposto directo –fixado por niveis de renda- aínda que tamén podía, ou debía, ser usado como carta de identidade en caso necesario. Loxicamente, ao ser un imposto sobre a renda, permitía coñecer a categoría económica á que pertencía o identificado ou identificada.
En 1884, Rosalía vivía en Padrón con toda a súa familia. É o derradeiro ano da súa vida, pois en 1885 morría enferma de cancro. O mesmo 1884 foi, tamén, o ano da súa última publicación en vida: En las orillas de Sar. Conclúe Rosalía neste libro o ciclo poético que comezara vinte un anos antes coa publicación de Cantares Gallegos.
A cédula que presentamos pertence á colección de documentos históricos da RAG, e a súa forma de ingreso foi polo procedemento de compra.
9.º CERTAME DE CONTOS CON BO HUMOR
Posted Marzo 5th, 2012 by xurxoboNon vos esquezades de entregar os vosos relatos para o Noveno CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN 2012. Se os do curso pasado levaban cantigas, como se pode comprobar un pouco máis abaixo, este curso agardamos que veñan con ledicia e bo humor.
Agardamos as narracións do alumnado para publicar un libro coas que se escollan por cada curso, coma levamos facendo nos últimos 8, con este xa nove, cursos escolares.
AS PALABRAS MÁIS FERMOSAS
Posted Marzo 4th, 2012 by xurxobo
As palabras máis elixidas durante os catro primeiros meses deste curso foron:
Outras verbas que tamén recibiron varios votos foron:
Se che custa traballo ler estas últimas palabras pulsa sobre a imaxe e veralas máis grandes.
Por fin, parece que desta vai! A ver se é certo! A nosa intención era, e segue sendo, que estea dispoñible un sistema de votación sinxelo e doado para que poidamos continuar escollendo, coa axuda do maior número de persoas de calquera lugar que queiran votar a través desta páxina, as parolas máis belidas, máis lindas do galego.
O que estivemos buscando é que, ao recibir máis votos, esa palabra fose aumentando de tamaño, e así tamén poderemos comprobar como van evolucionado as votacións, despois de que as persoas da nosa comunidade educativa, xunto con moitos familiares, amizades, veciños... xa elixisen as que consideraban máis fermosas, como se pode ver nas dúas "nubes de palabras" de máis arriba.
Nestas últimas semanas ademais fomos recollendo e sumando todos os votos recibidos por cada vocábulo que moi distintas persoas, xa fosen compañeiras de profesión, amizades, membros dos EDLGs..., nos fixestes chegar de diferentes xeitos, tanto en enquisas por escrito, noutras que completastes con termos que enviastes aos nosos distintos enderezos de correo electrónico, en comentarios nos dous apartados do EDLG da nosa páxina web... Todas estas palabras fóronse incluíndo na seguinte relación segundo os votos que recibiron. Como podedes ver a continuación, así está, polo de agora, pero cambia continuamente cada vez que algunha persoa sinala unha parola e pulsa nela.
Primeiro facede un "clic" sobre esta imaxe para ver todas as palabras. Deseguida, xa podedes pulsar sobre as tres verbas que máis vos gusten e así, segundo o número de votos, van aumentando de tamaño. Só se poden engadir tres votos cada 24 horas e, como canta máis participación mellor, solicitamos a cooperación do maior número de persoas distintas do voso fogar, da vosa familia, traballo, amizades...
Seguen a orde alfabética para facilitar a procura e o achado dunha palabra determinada, ben para votala ou para poder logo incluír algunha verba que considerades bela e non estea na lista. Pulsades en comentarios, ao final desta actividade á dereita, e nola comunicades poñendo por exemplo, "Para min (palabra) é moi fermosa e non a atopo"... e daquela, intentaremos engadila en canto poidamos.
Á vosa completa disposición e encantados de poder axudar en todo canto estea na nosa man, aclarar dúbidas... e se vedes algo que se poida mellorar... comentádenolo, por favor.
Moitas grazas por facer chegar isto a todas as persoas que poidades. Así podemos contribuír a enriquecer o noso vocabulario, a coñecer palabras que outras persoas consideran fermosas, a recuperar verbas dos nosos maiores bastante esquecidas ou a que non desaparezan voces que se van deixando de usar e pérdense, a que unha parte do noso idioma propio, compoñente moi valioso da cultura universal, coma todas as linguas, que a propia UNESCO, Consello de Europa... definen como creacións extraordinarias e lembran que necesitan moita protección, siga viva...
Agardamos que estas actividades aporten pasiños, grans de area que sirvan para que o galego e a nosa cultura, en xeral, poidan seguir embelecéndose e existindo nestes tempos moi complicados para as linguas e todo o minoritario, onde parece que todo o grande ten que facerse aínda máis grande, aínda que sexa a base de comerse ao máis pequeno, empobrecendo así a marabillosa diversidade cultural e natural, que sempre engrandece toda a existencia, a natureza, a vida en xeral.
Agora todas as persoas, ata os máis novos, podedes elixir e votar polas máis fermosas máis doadamente.
MOI AGRADECIDOS POLA VOSA COLABORACIÓN!
