9.º CERTAME DE CONTOS CON BO HUMOR

Non vos esquezades de entregar os vosos relatos para o Noveno CERTAME DE CONTOS C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN 2012. Se os do curso pasado levaban cantigas, como se pode comprobar un pouco máis abaixo, este curso agardamos que veñan con ledicia e bo humor. 

Agardamos as narracións do alumnado para publicar un libro coas que se escollan por cada curso, coma levamos facendo nos últimos 8, con este xa nove, cursos escolares.

Por se a alguén lle pode servir de axuda, no apartado "Revista escolar" da banda dereita da nosa páxina web  http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipespinheiraaldan   ou directamente en http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipespinheiraaldan/category/9/37 e en http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipespinheiraaldan/category/9/3 podedes ollar todas as vosas colaboración nas revistas escolares dos 5 últimos cursos, que ao parecer non conseguiamos ver ultimamente debido a un fallo descoñecido no lugar onde estaban almacenadas.

Podedes enviar mensaxes cos enlaces a todos os vosos traballos, concursos, cancioneiros, celebracións, fotos... para que poidan velos quen queirades: familiares, amizades, antigo alumnado ou profesorado..., tanto das actividades aquí recollidas neste departamento http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipespinheiraaldan/category/6/16, 

Así todos poderedes ler moito e cantar cos cancioneiros, rirse cos chistes, alegrarse coa beleza de moitas verbas, divertirse coas fantasías e contos, aprender coas distintas tarefas publicadas como palabras fermosas, cancións, contos, adiviñas, pasatempos, artigos variados... e tamén para que todas as persoas poidan gozar con todo isto. Que o pasedes moi ben!
 
  E lembrádevos que os contos leven bo humor!

Moitísimas grazas pola vosa participación e unha agarimosa aperta para compartir con quen queirades.

View more documents from xurxobou.

Comentarios

VAINOS MOI LENTO O CAMBIO DE PÁXINA NO LIBRO

Queriamos saber se lle vai moi lento a todos o cambio de páxina no libro de contos que hai aquí ou se só é a nós.

Tárdanos demasiado en pasar de páxina dándolle as frechas do medio.

As novatadas dos novos

Ola, boa tarde.

Vou lembrar unha anécdota, de cando escomecei a traballar, que me contou o meu defunto avó e, de paso, desexar que na gloria estea.

Embarquei por primeira vez, con tal mala sorte que fun saltar encima dunha machada, que saltou para o mar. Moi atordado e asustado, calei o conto, por medo á gran reprimenda do novato.

Entón, ao segundo día, a machada fixo falta e todos a preguntar quen vira esa ferramenta, e ninguén sabia dela. Eu non sabia que facer e nisto o meu avó, que ía na proa do barco, berrou: "Para máquina, para máquina, que vai unha machada aboiada". Eu rezumei ledicia e dun chimpo, asomeime á borda, para gritar: "É a nosa, é a nosa ..."

ENSINANZA? Sempre é conveniente asumir os erros e dicir a verdade, xa que ao longo do tempo todo se acaba sabendo.

Dende cando aboian as machadas? 

 

Apertas, e que vos guste o comentario, pois é un pequeno gran para aprender.

MOI AGRADECIDOS POLA MACHADA ABOIADA

Moi boa anécdota e moi boa tamén a sentenza.

Seguro que nos serve para reflexionar e aprender algo.

Moi bo traballo

Ola son Alfonso, estou vendo a páxina e felicítovos por todo o traballo que estades a facer. Ánimo e seguide así. Unha aperta para tod@s.

Back to top