Curso 2012/2013

ALEGRIA

Esta é a canción que imos cantar o Día da Paz: Alegría ("María Fumaça") Alegría, uuuuh! Alegría, yes! Cantemos como é bo ser alegre todo o día. O día amañece; e con el o noso sol, brillante e colorido; nun sorriso alto, astral. Ás veces é a chuvia que nos ven despertar; mais sempre todo o día, a alegría vai estar. Alegría, uuuuh!... Hai días que desperto e síntome feliz. Eu salto entón da cama, eu quero ser máis feliz. O día vai pasando, e a alegría vou xuntando; a noite ven chegando, a alegría está sobrando. Alegría, uuuuh!...

CALENDARIO 2013 - C.E.I.P. DA ESPIÑEIRA-ALDÁN

Como nos comunican que o calendario do noso centro para este ano 2013 non lles chegou a varias persoas que tiñan interese en telo, podedes agora imprimilo desde aquí. Queda mellor se o facedes en cartolina ou papel groso e non se caerá doadamente se o dobrades pola metade, engadíndolle debaixo unha pequena base do mesmo material que podedes pegar ás dúas caras do calendario.

 

calendario

Cada nivel escolleu unha palabra que lle gustou da lista das máis votadas como palabras fermosas pola nosa comunidade http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipespinheiraaldan/node/458. A partir dela compuxeron, ás veces individualmente, ás veces en grupo, ás imaxes correspondentes en distintos materiais, usando desde teas de cores ou plastilina, ata madeiras, papeis brillantes, acuarelas, rotuladores...
Quedamos á vosa disposición.
Que vos poida servir de proveito e feliz ano!!!

Recitando a Celso Emilio

Xa sabedes que o próximo mércores día 12, ás 12 da mañán recitaremos o poema de Celso Emilio Ferreiro "Deitado frente ao mar". Picade na imaxe e veredes un vídeo feito polo alumnado e profesorado do IES As Barxas...

 

 

Aquí tedes os maiores, unha actividade para facer.

 



Canción para o día da non violencia de xénero

Aprendamos a canción para cantala todos xuntos o venres!

BUSCANDO ATOPAMOS MOITO E INTERESANTE

 
 COORDINADORA DE ENDLS. E REVISTA PARA AS FAMILIAS
 Hai moitas actividades e informacións moi variadas, desde xogos ata música, que se actualizan continuamente en http://www.coordinadoraendl.org/entrada.php 
 
REVISTAS MENSUAIS DE INTERESE PARA TODA PERSOA,  FAMILIAS... en   http://www.coordinadoraendl.org/entrada.php?paxina=ollosdeaula/ollosdeaula.html
Aquí está o primeiro número, pero podedes ver todos no enlace anterior.
Distribuir contido

Back to top