O Día da Paz

O NOSO COLE FOMENTA A PAZ: SOS PODEMOS FACER POUQUIÑO, XUNTOS PODEMOS FACER MOITO!

OBXECTIVO DA XORNADA: Tomar conciencia do valor da paz que non é só a ausencia de guerra senón tamén froito da xustiza e de relacións baseadas no respecto, tolerancia, colaboración mutua e solidariedade.

PEQUENOS XESTOS, GRANDES CAMBIOS!

Cada día imos realizar un xesto e ímolo recordar para que as persoas do noso arredor síntanse mellor.

Luns 23: COMEZAMOS CUN GRAN SORRISO !

Martes 24: TODOS A DARSE APERTAS! QUE BEN SENTA UNHA APERTA!

"Unha simple aperta estremécenos o corazón; danos a benvida e fainos máis levadeira a vida" Anónimo.

Mércores 25: día das "Gabanzas"

Xoves 26:Mensaxes secretas! Hai mensaxes por todo o centro... cada un/unha a coller a que necesite ou queira!

Luns 30 último xesto: axudamos a alguén.

Os xestos ademais de traballalos hai que poñelos en práctica, así que todo o centro traerá alimentos que se cambiarán por un bocata ou por froita.

Os alimentos se entregarán a Cáritas de Aldán.

Pica nas imaxes e nas palabras para ir a un montón de recursos, xogos e cancións da PAZ

Recursos Paz

Valores 

Paz

Blogue de Inglés

Blogue de EDLG

RECURSOS PARA A PAZ

PAZ, PEACE, PAIX, PACE, SHALOM, FRIEDEN, мир, ειρήνη

         

MÁIS RECURSOS PARA A PAZ

PAZ

BLOGUE DE EDLG

SEMINARIO GALEGO DE EDUCACIÓN PARA A PAZ

 

CANCIÓNS PARA O DÍA DA PAZ:

>BAILE DA PAZ

Esta é a danza

da esperanza,

danza capaz

de sementar paz.

Ombro con ombro

pódese todo.

Ombro con ombro

pódese todo.

Dá un taconazo.

Levanta un brazo

e con donaire

dálle ao cu aire.

Colle a orella

da túa parella.

Faille cóchegas.

Ponte en crequenas.

Esta é a danza

da esperanza,

danza capaz

de sementar paz.

 

Agora dá un brinco,

ou mellor cinco!,

e tres palmadas

con gargalladas.

 

Esta é a danza

da esperanza,

danza capaz

de sementar paz.

 

Logo, ao compás,

anda cara atrás,

e cara adiante,

coma un xigante.

 

Pinta un momento

PAZ no vento.

Grita un segundo:

PAZ NO MUNDO”.

 

 

  "UNA SOLA VOZ" MACACO        

 

DÍA DA PAZ 2015 NO CEIP ESPIÑEIRA

ESTE É O VIDEO QUE FIXEMOS NO COLE PARA O DÍA DA PAZ. NEL ENCONTRAREDES AS NOSAS RESPOSTAS A PREGUNTA:

QUE PODERIAMOS FACER PARA LEVARNOS MELLOR? Sorriso

COA CANCIÓN DE PACO NOGUEIRAS DE FONDO "APERTAS QUE VOAN"

 

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Hoxe na biblioteca celebramos o Día Internacional da Muller, e disfrutamos do conto: Arturo e Clementina.

 

 

No seguinte enlace podemos ir a un monton de recursos para traballar este día:

 

30 de Xaneiro Día Escolar pola Paz

 

Cancións:

As cancións que estamos aprendendo para cantar este ano no día da Paz son:  "Campás pola paz" do novo libro-disco "Pan de millo" de Migallas Teatro

Soan, soan,
as campás pola paz.
Cada día son máis e máis
os que comigo cantan,
os que coa paz están. (BIS)

Tanto ten ser o primeiro,
o do medio ou do final.
O importante é chegar todos.
É mellor colaborar. (BIS)

RETROUSO: Soan, soan, … (BIS)

E se estás ata as orellas,
con ganas de pelexar,
deixa os couces e as puñadas,
vamos todos a falar. (BIS)

RETROUSO: Soan, soan, … (BIS)

Os maiores fan as guerras,
pero nós queremos paz
e por iso lles berramos:
“Non á guerra e si á paz” (BIS)

RETROUSO: Soan, soan, … (4 VECES)

E a de Macaco:

 "Love is the only way"    

Picando no título podemos escoitar a canción coa letra para aprendela!Sorriso

             

 

Outras cancións pola paz:

LUAR NA LUBRE  NO MUNDO

Qúerote máis o xonoro maxín

Magín Blanco Tris Tras Tres

My rainbow race. Canción de Paz. Version en galego

Aquarela Toquinho

ANLLE CANCIÓN DA PAZ

O PROGRESO ROBERTO CARLOS

 

 

 

Recursos:

Seminario Galego de educación para a paz    

LIMs:

EEI TARRÍO-SAMIEIRA: QUE VEÑA A PAZ!

CEIP OUTEIRO DAS PENAS: O CASTELO DE AREA

ANA Mª REY: ENTRE TODOS CONSTRUÍMOS A PAZ

CEIP SAN TESIFÓN BEJAR: DÍA DA NON VIOLENCIA E PAZ




Vídeo "Se acabaron las lágrimas" (25 de Novembro-Día Internacional para a eliminación da violencia de xénero)

Despois de moito traballo de gravación e edición do vídeo, aquí o tedes por fin... non foi nada sinxelo!!

 


Original Video - More videos at TinyPic

Día da Paz

Aquí tedes un montón de actividades:

Casa de tolos. Recursos Paz II

Casa de tolos. Recursos Paz I

Distribuir contido

Back to top