Curso 2014/2015
Celebramos o Maio
O próximo venres 29 de abril celebraremos o Maio no cole.
Aquí tedes un LIM sobre o noso Maio, esperamos que vos guste...
Brinca Vai!: NO SAMAÍN
"NO SAMAÍN" é unha das 12 cancións incluídas no libro-cd-dvd "BRINCA VAI!", composto e interpretado por Paco Nogueiras, con ilustracións de David Pintor e vídeos de Sr. Sagüillo. Está publicado por KALANDRAKA.
SOLICITUDE DE AXUDA PARA COMEDORES ESCOLARES
HOXE 11 DE AGOSTO ÁBRESE O PLAZO PARA SOLICITUDES DE AXUDAS DE COMEDORES ESCOLARES PARA O VINDEIRO CURSO 2015-16 DO CONCELLO DE CANGAS.
O PRAZO DE PRESENTACIÓN FINALIZA O MÉRCORES 26 DE AGOSTO.
PARA SOLICITUDE DE INFORMACIÓN DIRIXIRSE AOS SERVIZOS SOCIAIS RÚA ANDALUCÍA Nº 3
TELÉFONO CENTRO SOCIAL DE BENESTAR SOCIAL: 986392266/67
5º CANCIONEIRO
Lembrade de repasar ben as cancións "A PALABRA TEN VIDA" ( o retrouso para primaria) E "MEU O MUNDO É!" (todos e facendo os xestos) para cantalas na celebración das LETRAS GALEGAS.
Están no 5º cancioneiro. Pista 6, para todos, e pista 11, para primaria.
- MEU O MUNDO É! en https://www.youtube.com/watch?v=F1e0wAcXcgw
https://www.youtube.com/watch?v=9jVRUeVgJTE
Moi agradecidos pola vosa colaboración.
Aquí tedes as letras das cancións deste ano para aprendelas. Máis abaixo imos ir poñendo os enlaces que poidamos, teñen que ser libres de copyright, para poder escoitalas. Xa sabedes que imos aprendelas e logo asistiremos a un concerto para poder cantar e danzar con elas no mes de maio. Podedes visitar todos os cancioneiros no noso BLOG
5º cancioneiro ceip da espiñeira aldán 2015 from EDLGESPINHEIRA
Como imos asistir a un concerto de Paco Nogueiras Nodar, queremos aprender as súas cancións, con moita ledicia.
Ou un resumo xeral rápido en https://youtu.be/_QeS-vcocdI
Outros
https://www.youtube.com/watch?v=qkx79hPNPw0
Eventos 3º trimestre
Xa podedes consultar os eventos para o 3º trimestre no calendario que hai na marxe dereita da páxina web.
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »
