You are hereBLOG

BLOG


Samaín 2023 sticky icon

 

Ai, que noite vai de Lúa!

Ai, que noite de luar!

Para a noite do Samaín

ir de festa e festexar.

 

1 de outubro - Día das personas maiores sticky icon

Este 1 de outubro quixemos celebrar o día internacional das persoas con idade facendo referencia a este gran invento como é o teléfono , como actividade que formará parte do noso proxecto "Que gran invento". Para iso contamos un ano máis coa colaboración das nosas familias que nos fixeron chegar conversas especiais que tiveron os seus maiores que lles cambiou a vida. Finalmente este é o resultado, esperamos que vos guste!

Aquí van tamén algunhas das actividades que fixeron os nosos cativos, neste caso os de 4 anos. Que ben lles quedou!

"Meteoescolas", plan Proxecta+ sticky icon

Como ven ocorrendo estes últimos cursos, cada ano escollemos un proxecto sobre o que se articulan todas as actividades realizadas no centro escolar. Este ano levamos a cabo o proxectro "Meteoescolas", pertencente ao programa Proxecta +. Tras diversas investigacións levadas a cabo polo noso alumnado, procedeuse á elaboración deste gran mural "Meteoescolas" que podedes ver na imaxe superior. Cada ciclo encargoude dunha actividade:

Infaltil: realizou un reconto diario do tempo.

1º Ciclo: apadriñaron unha árbore para observar a súa evolución co paso das estacións.

2º ciclo: levaron a cabo unha ampla investigación sobre as nubes.

3º ciclo: realizaron un rexistro da temperatura diaria en comparación coas previsións meteorolóxicas.

Visita do Corpo Nacional De seguridade sticky icon

Hoxe visitounos o corpo nacional de seguridade. Tivemos unha charla na aula, onde aprendemos moitas cousas sobre seguridade vial, e despois puidemos ver un coche de policía, con sirena e todo!

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar