You are hereBLOG

BLOG


Charla CIM sticky icon

O centro social CIM, centro de información á muller en Chantada, acudiu ao noso colexio para impartir unha charla sobre o ciberacoso, un tema imprescindible a tratar nunha sociedade onde as redes sociais fan parte da vida activa do noso alumnado.

Día da muller- 2024 sticky icon

… E un lembra a Etheria, a peleriña;
a María Baleria, a xograresa;
á doce, fonda, tristeira e veradeira
nai de Galicia, Rosalía;
á Pardo Bazán, tan segura de si
e tan sabida; á valente María Pita;
a Concepción Arenal, escoando amor,
dun xeito inesgotable…
Galicia é unha muller.
Galicia, néboa imprecisa,
río ó que nun se lle ve o fondo,
dor que nos manca,
casa de canteira tan velliña,
ten nome femenino,
un nome moi fermoso de muller.
Galicia, nosa nai,
nosa dona,
nosa irmá,
nosa amiga.
Galicia noso desacougo
e nosa vida.
Tódalas nosa mulleres son Galicia:
voz que nos chama e nos arrola,
luz que nos aluma,
amor que nos acende;
tenrura que aceiamos
e nos compre.
¡Esperanza ergueita
cara un futuro limpo,
noso,
que agardamos!

Manuel María

 

Charla ESA sticky icon

Tivemos o honor de acoller no noso colexio a José Luís Vázquez Expósito, veciño de Chantada, que nos veu a falar sobre o seu traballo na ESA (Axencia Espacial Europea). Cantas cousas novas descubrimos , moitas grazas e volve cando queiras!

Rosalía de Castro sticky icon

 

Cando penso que te fuches,

negra sombra que me asombras,

ó pe dos meus cabezales

tornas fazéndome mofa.

Cuando maxino que es ida,

no mesmo sol te me amostas,

i eres a estrela que brila,

i eres o vento que zoa.

Si cantan, es ti que cantas;

si chora, es ti que choras;

i es o marmurio do río,

i es a noite, i es a aurora.

En todo estás e ti es todo,

pra min i en min mesma moras,

nin me abandonarás nunca,

negra sombra que me asombras.

 

                                      Follas novas 

 

 

 

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar