BARCO MURALLA DE LUGO

       "BARCO MURALLA DE LUGO" atracou a semana pasada no noso centro polo que tivemos a oportunidade de visitar, tendo como obxectivo promocionar a variedade medioambiental, paisaxística e potencial turístico da nosa provincia.

    A través de monitores, paneis informativos e vídeos didácticos os nosos alumnos/as tiveron a oportunidade de facer análise e reflexión sobre a riqueza natural e cultural que representan as reservas da biosfera da provincia de Lugo. 

OS NOSOS ALUMNOS/AS EN TELEVINTE

(FAI CLIC PARA VER AS FOTOS)

 

INFORMACIÓN SOBRE O BARCO MURALLA DE LUGO

     Muralla de Lugo é unha aula-barco ten por obxecto levar a cabo acciones de sensibilización ambiental.

    Exteriormente simula un barco coa súa proa, cuberta e ponte de mando, transportado sobre unha plataforma de 13 m, á que se accede a través dunha pasarela adaptada ás normas de accesibilidade. No exterior incorpora elementos mariñeiros tradicionais da provincia lucense como as redes de pesca, nasas, salvavidas ou balizas.

    No seu interior tamén está ambientada con elementos propios de embarcacións pesqueiras e mercantes e con fotografías antigas da costa de Lugo.

       A aula proporciona aos visitantes a posibilidade de ver diferentes materiais audiovisuais sobre o Programa e a riqueza turística e natural da nosa provincia, nunha pantalla de plasma que integra un sistema de son envolvente.

        O Barco Muralla de Lugo servirá tamén como vehículo para difundir a beleza e riqueza paisaxística e produtiva da Ribeira Sacra entre os seus visitantes, así como promover a súa candidatura a Patrimonio da Humanidade, levando polas distintas localidades que visite o libro de sinaturas da candidatura. 

SOMOS PINTORES: MIRÓ


     

           

 Os alumnos/as de 5 anos  convertémonos en pintores por momentos, permitíndonos o coñecemento de aspectos tales como: textura, cor, liñas, técnicas...

    Nesta ocasión coñecemos a Miró e presentámosvos as nosas obras de arte.

(FAI CLIC PARA VER AS FOTOS)

EXPOSICIÓN DE CIRCUITOS ELÉCTRICOS: ALUMNOS/AS DE 6º DE PRIMARIA

     O colexio es as familias traballamos en estreita colaboración para acadar a mellor preparación dos alumnos/as. Un bo exemplo é a construcción de circuitos eléctricos.

    Cada alumno/a na súa propia casa enfróntase a realización dun traballo útil para a vida real, demostrando que comprende e é capaz de utilizar a información recibida no colexio.

   Rematamos cunha exposición dos traballos feitos, que lles axudarán a valorar as realizacións propias e alleas.

 FAI CLIC NA IMAXE PARA VER A EXPOSICIÓN 

ENTROIDO: AS DIFERENTES ETAPAS DA HISTORIA

     O día 13 de febreiro celebramos o carnaval no noso centro, elixindo como temática "As diferentes etapas da historia".

    Para tal evento, ademais da elaboración dos diferentes disfraces, fixéronse uns murais para os corredores do centro o que permitiu  un maior coñecemento sobre o tema.

FAI CLIC PARA VER AS FOTOS

O NOSO ENTROIDO EN TELEVINTE

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

DÍA DA PAZ: A NOSA ÁRBORE DA PAZ

       

 FAI CLIC PARA VER AS FOTOS

       O 30 de Xaneiro celebramos o día da Paz no patio do noso centro. Construímos entre todos a nosa árbore da Paz,cantamos a canción "De que che vale" de Jesús Pareja e saímos coas nosas mans brancas e multiculturais.

 

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar