Admisión de alumnado - Curso 2023/2024
Infórmase que está publicada no taboleiro interior do centro a listaxe definitiva de alumnado admitido e non admitido no procedemento de admisión para o curso 2023/2024.
As familias recibirán información, polo medio indicado na solicitude, do procedemento a seguir para matricular aos alumnos admitidos. O prazo estará aberto desde o día 20 ao día 30 do mes de xuño.
Admisión do alumnado. Listaxe provisional de admitidos.
Infórmase que está publicada no taboleiro interior do centro a listaxe provisional de alumnado admitido e non admitido no procedemento de admisión para o curso 2023/2024.
Admisión de alumnado - curso 2023/2024
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES |
|
Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:
Cita previa para presentación da solicitude no centro: Tfono. 982 82 81 33 |
|
Calendario do proceso e Normativa | |
RESERVA DE PRAZA PARA O INSTITUTO «LAMA DAS QUENDAS» - CURSO 2023/2024
IMPORTANTE:
A reserva de praza, segundo a normativa vixente, en Chantada só se pode facer para o INSTITUTO «IES LAMA DAS QUENDAS» e ten que presentarse vía electrónica ou no colexio, nunca no instituto.
Os alumnos do noso centro, por tanto, SÓ PODERÁN SOLICITAR RESERVA DE PRAZA para o I.E.S. "Lama das Quendas", porque é o centro onde oficialmente estamos adscritos. Os que queiran seguir os estudos de E.S.O. no I.E.S. "Val do Asma" terán que agardar que se abra o prazo para ADMISIÓN DE ALUMNADO (1-20 de marzo).
Os centros de primaria NON PODEN FACER RESERVA DE PRAZA nin para alumnos que se vaian incorporar a Educación Infantil nin para a Educación Primaria (salvo que tiveran centros adscritos, que non é o caso dos de Chantada). Estes alumnos deberán agardar que se abra o prazo para ADMISIÓN DE ALUMNADO. Os que xa están cursando os estudos no centro este ano non teñen que solicitar nin reserva nin admisión.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »