"Non hai camiño para a paz, a paz é o camiño" (Ghandi, 1948)

Hoxe no cole celebramos o Día Escolar da Non-Violencia e a Paz. Nesta data conmemórase, dende 1964, a morte de Mahmata Ghandi. Ademáis está recoñecido pola UNESCO dende 1993.

¿Que facemos no cole o día de hoxe? Debatimos sobre a necesidade da educación para a tolerancia, a solidaridade, o respeto ós Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz.

¿Como o facemos? Traballando na aula, con música e coa mellor das nosas sorrisas xa que esa é a nosa mellor mostra de paz.

O lema deste día é:

"Amor universal, non-violencia e paz.O amor universal é mellor co egoísmo, a non-violencia é mellor ca violencia e a paz é mellor ca guerra."

A paz

 

Seguimos facendo camiño, o camiño cara a paz.

Fotos do festival de Nadal

Xa tedes a vosa disposición as fotos do festival de nadal, para velas só tedes que acceder á galería e seleccionar o álbum co título "Festival de Nadal".

Así a todo, facilitámosvos a tarea premendo no seguinte enlace:

 http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipeloisarivadulla/galeria/index.php?cat=8

Esperemos que vos gusten!

 

Aproveitamos a ocasión para desexarvos, unha vez máis...

¡Feliz 2014!

 

 

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar