You are hereEntroido Ribeirao

Entroido Ribeirao


By cristina - Posted on 05 Febreiro 2018

En Lamas de Abade,Santiago de Compostela

Entroido Ribeirao en Santiago (CIFP Compostela: conglomerado de 5 centros de distintos niveis educativos). Será o 5º ano no que se adique o Entroido a un dos Entroidos tradicionais de Galicia.

O venres 2 de febrero participaremos, colaborando co EDNL de dito CIFP, no entroido: a Asociación de Amigos do Entroido Ribeirao, os centros educativos da vila (CEIP Xoán de Requeixo, IES Val do Asma, IES Lama das Quendas e CEIP Plurilíngüe Eloisa Rivadulla).

A viaxe sairá ás 8:30h  diante da cafetería Hilton, alí unirémonos:

-          Membros da dita asociación: de 8 a 10 persoas.

-           Alumnos dos centros educativos: entre 9 (fixos) e 26 (17 por confirmar).

-          Mestres: 2.

Total variable entre 19 e 38 persoas.

Nada mais chegar, hai un tempo reducido para vestirse  e prepararse. A partir dese momento os centros disporán dunha ligazón para seguir en tempo real (spriming) todo o que suceda.

As 10:00h nun salón de actos, dous “Generales” do Ulla recibirán ao noso Entroido. Verase parte do video realizado por David Vázquez “O Moredo” e comenzará una charla conferencia a cargo de J. Carlos na que se explicará brevemente todo o máis relevante sobre as particularidades deste entroido.

As 11:00h, iníciase un percorrido duns 400m que une tódolos centros educativos que participan en Santiago. É una comitiva na que tamén participan outras comparsas (incluido acompañamento musical). Desembócase nunha gran praza, onde terán lugar os actos centrais da xornada que serán grabados e emitidos conexión en directo pola TVG: Exhibición do Entroido Ribeirao e do resto dos participantes, todos co tema do E. Ribeirao.

Voltaremos cambiarno e por último degustaremos una selección gastronómica (que inclúe a típica empanada da zona: con patacas, iscos e chourizos).

 E rematada a festa só queda voltar a casa, chegada sobre as 4h

 

 

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar