You are hereVIAXE DIDÁCTICA FORTALEZA SAN PAIO

VIAXE DIDÁCTICA FORTALEZA SAN PAIO


By caloto - Posted on 25 Novembro 2016

O xoves, 24 de novembro, os alumnos de 3º e 4º de E. Primaria realizaron unha viaxe á Fortaleza de San Paio, en Friol.a

Pincha para acceder ao album de fotos

A Fortaleza foi adquirida pola Deputación Provincial no ano 1939 e no 1983 abre as súas portas coma Museo Etnográfico e da Historia, sendo obxecto dunha última reforma no ano 2003.

O Museo está composto por tres corpos (Torre da Homenaxe, corpo central e torreón) e unha capela exterior.

A planta baixa acolle diferentes coleccións relacionadas coa agricultura e cos oficios tradicionais (cesteiros, zoqueiros...) Nas cortes dos cabalos instaláronse cadeiras de man e de montar a cabalo e na adega móstranse os elementos propios desta dependencia (pelellos, prensadores de uvas, medidas de viño...)

A primeira planta componse dunha cociña na que se encontran tres elementos da construcción primitiva : a lareira, o forno e o servizo hixiénico, ademais de mobiliario típico da cociña galega, cerámica, ferros de pasar, etc.; un salón cunha gran ventá con “parladoiros” e unha cheminea renacentista; a sala do tear; un escritorio e un dormitorio.

O primeiro e segundo piso da Torre da Homenaxe albergan as coleccións de armas brancas e de fogo, destacando unha armadura de placas de hasta, outra de guerreiro samurai, dagas, machetes, espadas, revólveres de percusión, de tambor ou de chispa, fusís, canóns, etc.

No terceiro piso sobresae a cheminea renacentista que Vasco das Seixas mandou construír no século XVI, decorada a base de elementos zoomorfos e fitomorfos.

A capela, de planta cuadrangular, foi construída no século XVIII e ten un retablo do XIX con diversas imaxes populares.

 

 

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar