You are hereBlogues / blogue deadministrador

blogue deadministrador


Artistas!

Estas foron as obras de arte que realizaron os alumnos de terceiro con pedras. Espectacular!

Museo do Mar e estadio de Balaídos

O venres os alumnos do segundo ciclo de Educación Primaria fomos de excursión a Vigo. Visitamos o Museo do Mar e o Estadio de Balaidos. O tempo, de primeiras non nos acompañou pero despois abriu e puidemos desfrutar dunha tarde estupenda. O restaurante "Di San Remo"  deixounos as súas instalación para comer xa que, aínda que o día abrira as mesas estaban molladas. 

No museo do mar os alumnos de terceiro, realizaron a actividade "Os segredos arqueolóxicos do Museo do Mar". Tomando como punto de partida o xacemento castrexo do museo convertéronse en arqueólogos e realizaron unha escavación arqueolóxica para despois traballar os resultados un laboratorio científico, e, por último experimentaron algúns dos aspectos do traballo diario das xentes que viviron en época castrexa e romana. FOTOS

Por outra banda, os alumnos de cuarto gozaron da actividade "Coñecendo a cultura tradicional mariñeira". Transformáronse en auténticos mariñeiros tradicionais e experimentaron por sí mesmos diversos aspectos da vida destas xentes: cazaron unha balea, pescaron con diferentes técnicas e levaron un bote como auténticos mariñeiros. FOTOS

Ademais de realizar as diferentes actividades visitaron o acuario, onde coñeceron algunhas especies, entre elas o tiburón branco.

Ó rematar a visita no museo fomos a Samil, comemos e desfrutamos de tempo libre no paseo.

Finalmente fomos ó Estadio de Balaídos, alí estivemos na sala de prensa, no museo do Real Club Celta de Vigo, no vestiario dos xogadores e mesmo no campo e no palco presidencial.  FOTOS

Foi unha experiencia inolvidable!

Museo do Mar e estadio de Balaídos

O venres os alumnos do segundo ciclo de Educación Primaria fomos de excursión a Vigo. Visitamos o Museo do Mar e o Estadio de Balaidos. Aproveitamos a ocasión para agradecerlles o trato recibido así como todo o que nos ensinaron. O tempo, de primeiras non nos acompañou pero despois abriu e puidemos desfrutar dunha tarde estupenda. Agradecer tamén, ó restaurante "Di San Remo"  que moi amablemente nos deixou as súas instalación para comer xa que, aínda que o día abrira as mesas estaban molladas. 

No museo do mar os alumnos de terceiro, realizaron a actividade "Os segredos arqueolóxicos do Museo do Mar". Tomando como punto de partida o xacemento castrexo do museo convertéronse en arqueólogos e realizaron unha escavación arqueolóxica para despois traballar os resultados nun laboratorio científico, e, por último experimentaron algúns dos aspectos do traballo diario das xentes que viviron en época castrexa e romana. FOTOS

Por outra banda, os alumnos de cuarto gozaron da actividade "Coñecendo a cultura tradicional mariñeira". Transformáronse en auténticos mariñeiros tradicionais e experimentaron por sí mesmos diversos aspectos da vida destas xentes: cazaron unha balea, pescaron con diferentes técnicas e levaron un bote como auténticos mariñeiros. FOTOS

Ademais de realizar as diferentes actividades visitaron o acuario, onde coñeceron algunhas especies, entre elas o tiburón branco.

Ó rematar a visita no museo fomos a Samil, comemos e desfrutamos de tempo libre no paseo.

Finalmente fomos ó Estadio de Balaídos, alí estivemos na sala de prensa, no museo do Real Club Celta de Vigo, no vestiario dos xogadores e mesmo no campo e no palco presidencial.  FOTOS

Foi unha experiencia inolvidable!

 

 

Letras Galegas

Co motivo do día das letras galegas enchímos o twitter de tweets! 

Este ano o homenaxeado foi Xosé María Díaz Castro, se queredes saber máis aquí tedes máis información: http://www.diadasletrasgalegas.com/ 

 

15 de mayo - Día Internacional da Familia.

Neste día Internacional da Familia, os alumnos e as alumnas de 2º de Educación Primaria queren transmitir unha mensaxe a tódalas familias:

"Os que falan contra a familia non saben o que fan, xa que descoñecen o que desfán."

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar