You are hereArtigos / Educación Primaria / 4º Ed. Primaria / Artigos

Artigos


Actividades de reforzo 4ºB sticky icon

Déixovos adxuntos uns arquivos con actividades de reforzo correspondentes aos temas que ides traballar durante as dúas vindeiras semanas en cada unha das materias (agás Ciencias Sociais).

Como vos comentei o outro día por privado, non é obrigatorio facelas; só se tedes ánimo e os recursos necesarios para poder facelas.

Unha aperta, María Rey.

Tarefas para o alumnado de 4ºB sticky icon

Adxúntase arquivo coa relación de tarefas para o alumnado de 4º a facer na plataforma virtual da editorial Vicens Vives para comezar na semana do 30 de marzo.

- As tarefas están distribuídas por materias e por contidos, de forma que se inclúen todas as actividades relacionadas cun tema completo de cada unha das asignaturas.

- As tarefas son para realizar de forma telemática, lendo previamente os contidos e comprobando sempre o resultado (aquelas que sexan de escribir podédelas facer nun caderno, se é que tedes algún na casa).

- Non é obrigatorio facelas todas; a pesar de que se resolven rápido facédeas pouco a pouco fixándovos ben nos contidos. 

- Como son temas completos vouvos deixar toda esta semana e a que se correspondería coas vacacións de Semana Santa para que as vaiades resolvendo.

- Se o precisades, axudádevos doutras ferramentas para comprender e profundizar nos contidos: buscade vídeos na Internet, usade enciclopedias virtuais, dicionarios...

Para calquera dúbida que teñades estarei á vosa disposición na aplicación Abalar Móbil.

Moito ánimo, María Rey.

TRABALLO DE MÚSICA - 4º CURSO sticky icon

OLA!!! BO DÍA!!!

NO ARCHIVO ADXUNTO PODEDES VER O TRABALLO PARA 4º DE MÚSICA.

SE TEDES ALGUNHA DIFICULTADE PARA CONECTARVOS A INTERNET, NON O FAGADES, NON VOS PREOCUPEDES. FACEDE SÓ OS EXERCICIOS ESCRITOS, QUE BEN O PODEDES FACER NUN FOLIO EN BRANCO OU NO DOCUMENTO QUE MANDO, COMO VOS PREFIRADES.

SE ALGO NON SABEDES FACER, NON VOS PREOCUPEDES E DEIXÁDEO TAMÉN.

ESPERO QUE TODOS VOS ATOPEDES BEN.

UNHA APERTA!!!!

Traballo de Ciencias Sociais de 4º sticky icon

Traballo de Ciencias Sociais para 4º de Educación Primaria.

Traballo de Ciencias Naturais de 4º sticky icon

Traballo de Ciencias Naturais de 4º de Educación Primaria.

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar