try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Centro Abalar

Infantil

O UNIVERSO.

Durante o primeiro trimestre deste curso 2012/2013 todo o alumnado de Infantil realizamos un proxecto para coñecer o UNIVERSO.

O UNIVERSO EN INFANTIL. on PhotoPeach

XA ESTAMOS NO ENTROIDO!!!

     Durante toda a semana os nenos e nenas de Infantil preparámonos para a chegada do Entroido.

     O luns e martes participamos no obradoiro de carautas na biblioteca. Fixemos máscaras de mouchos, osos, coellos e cervos.

     O mércores tivemos na aula un obradoiro de maquillaxe e o xoves disfrazámonos de indios e de indias.

     E, xa o venres, despois de traballar o LIM do conto "Entroido na carballeira", desfilamos e divertímonos no festival do colexio, que tiña como tema común "O bosque".

Que ben o pasamos!!! 

Entroido Infantil on PhotoPeach

O BOSQUE

     Neste primeiro trimestre estamos realizando un proxecto sobre os bosques, con motivo do "Ano Internacional dos Bosques".

     Por iso fomos a dar unha volta polos arredores do cole para coñecer as árbores da contorna.

   

   

   

VOLVEMOS AO COLE!!!

     Aquí estamos de novo os nenos e nenas de Infantil de Rebordáns.

     Presentámosvos ao novo alumnado de 3 anos:

     Este curso o alumnado de 4 e 5 anos compartimos aula:


 

Distribuir contido