try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

XA ESTAMOS NO ENTROIDO!!!

     Durante toda a semana os nenos e nenas de Infantil preparámonos para a chegada do Entroido.

     O luns e martes participamos no obradoiro de carautas na biblioteca. Fixemos máscaras de mouchos, osos, coellos e cervos.

     O mércores tivemos na aula un obradoiro de maquillaxe e o xoves disfrazámonos de indios e de indias.

     E, xa o venres, despois de traballar o LIM do conto "Entroido na carballeira", desfilamos e divertímonos no festival do colexio, que tiña como tema común "O bosque".

Que ben o pasamos!!! 

Entroido Infantil on PhotoPeach